O ex presidente do parlamento vasco e os antigos membros da mesa da Cámara, declarados culpábeis por non disolveren o grupo Sozialista Abertzaleak.
Contra todo prognóstico, o Tribunal Supremo español condenou este luns o ex presidente do parlamento vasco Juan María Atutxa (PNV) e os antigos membros da mesa da Cámara Gorka Knörr (EA) e Kontxi Bilbao (EB) dun delito de desobediencia por non disolveren o grupo parlamentario Sozialista Abertzaleak en 2003.
O alto tribunal estimou, xa que logo, o recurso de casación interposto polo sindicato de funcionarios Manos Limpias, que non conta con representación en ningún centro de traballo e que conta co ex dirixente do partido de extrema dereita Fuerza Nueva Miguel Bernard como máximo responsábel, contra a sentenza que absolveu os tres electos.
A sentenza estabelece condenas de tres anos e medio de inhabilitación para cargo público e a obriga de pagar unha multa. Segundo transcendeu, imporáselles dous anos de inhabilitación e 108.000 euros de multa.
"Doutrina Botín"
A decisión, que se deu a coñecer contra as 21.00 horas, foi acordada pola maioría dos maxistrados (oito de doce), desbotando a argumentación da defensa de Atutxa, Knörr e Bilbao e a Fiscalía, así como a coñecida como doutrina do caso Botín.
Esta era a primeira ocasión na que o Supremo debía decidir sobre a súa aplicación a outras causas. No caso do ex presidente do Banco Santander, o TS estabeleceu que nas causas que se tramiten como procedemento abreviado non se lle poderá abrir xuízo oral ao acusado se só o solicita a acusación popular.
Os senhores desse tribunal nem seguera seguem as suas próprias leis. Ainda não compreenderam o que é a separação de poderes. Acaso o poder Legislativo pode interferir no Executivo? Nos estados de direito modernos nunca. Nos reinos pseudo-demócratas, continuistas das instituições franquistas parece ser que sim.
Cada vez é mais evidente que a xustiza neste país non existe como tal, é simplemente unha prolongación da política, por eso en vez de sentencias xudiciais o que fan estes señores do tribunal "supremo" é politiza-la xustiza dun xeito lamentable, e mais tendo en conta quen son os responsables do recurso de casación, uns señores que so teñen as "mans limpas" de democracia.
Bien por el Tribunal Supremo que impide la comisión de delitos aunque estos pretendan hacerse las víctimas cuando no son más que los culpables.
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡