Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Literatura galega no mundo

'Il club della calzetta': María Reimóndez chega a Italia.

A escritora luguesa vai publicar a súa obra baixo o selo de Gran Vía Edizioni e na primavera sairá tamén en español a través da editorial Algaida.

Redacción - 09:00 23/01/2008

O club da calceta é o último libro de María Reimóndez. Publicado por Xerais en 2006 xa vai pola terceira edición no noso país, mais o seu éxito non queda aí, o mundo editorial italiano está tamén a apostar por esta luguesa que xa ten no mercado outros catro libros. A editorial Gran Vía Edizioni será a encargada de facer chegar a súa obra aos italianos. A crítica tampouco lle da as costas, e ademais de ser finalista do premio Xerais de Novela 2005, está a piques de recoller o premio San Clemente 2007 por esta novela.

A compañía Teatro do Morcego reparou nesta obra, e está a preparar unha versión teatral prevista para o 12 de abril. A televisión adaptará tamén este texto que se describe a situación de seis mulleres moi diferentes relacionadas entre si por acudiren ao mesmo club de calceta, lugar onde converxen as súas frustracións pero tamén onde toman conciencia do estado no que se atopan e da necesidade de superalo.


2.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: