A subdelegación do goberno español acusa a tres membros do movemento soberanista galego de "non manter a orde" na manifestación do pasado 6 de decembro en Vigo.
Foron tres as persoas, membros da plataforma Causa Galiza, as que pediron, na subdelegación do goberno español en Pontevedra, os permisos para o desenvolvemento da manifestación que tivo lugar o pasado 6 de decembro, pola autodeterminación e contra a constitución española, en Vigo.
Son as mesmas que agora os representantes do goberno español queren multar con 600 euros, por "non manter a orde na manifestación" e "permitir" a queima dunha imaxe, a tamaño natural, do monarca español, que se produciu unha vez terminada a mobilización.
A semana pasada, ademais, a Audiencia Nacional española chamaba a declarar aos tres imputados na queima da efixie do rei, que serán interrogados polo xuíz Grande-Marlaska o vindeiro 29 de xaneiro.
"Queren obstaculizar e castigar ás persoas que promoven actos pola autodeterminación"
Vieiros falou con Óscar Gomes, un dos organizadores da mobilización do 6-D e un dos notificados da posíbel sanción.
A Gomes chegoulle unha notificación e recolleu, a pasada semana, en Correos, unha proposta de sanción administrativa como promotor da manifestación.
Gomes explicoulle a Vieiros que na proposta de sanción recibida "fannos responsábeis (leu textualmente) de non manter a orde ao non ter adoptado medidas axeitadas para evitar a queima da fotografía do xefe de Estado", e "propoñen unha sanción de 600 euros a cada un", comentou.
Tamén lembrou que naquela manifestación non houbo ningún altercado e que a queima das imaxes foi un feito illado, desenvolvido por uns poucos, no que non participaba Causa Galiza coma entidade. "Naquela altura Causa Galiza non se pronunciou ao respecto. Só denunciou publicamente as detencións, producidas minutos despois de terminar a manifestación, e apoiou unha concentración que se desenvolveu diante da comisaría da policía española, en Vigo, solidarizándose coas persoas detidas. A queima da imaxe do rei foi un feito á marxe da mobilización", dixo Óscar Gomes.
Denuncian o acoso contra os militantes de Causa Galiza
Segundo Gomes "non é a primeira vez que hai medidas represivas de 'baixa intensidade' contra o movemento soberanista galego". De feito, esta entidade xa tiña denunciado o "acoso" por parte da garda civil de varios dos seus activistas en Caldas e en Tabeirós. "Días antes da manifestación do 6-D houbo varias identificacións a membros desta iniciativa, e horas despois da manifestación, varios activistas de Causa Galiza foron retidos e rexistrados por efectivos da garda civil" na autoestrada, á altura de Caldas de Reis.
Para Gomes, esta sanción económica "está á marxe do proceso aberto contra as persoas ás que acusan de ter feito a queima do boneco, pero é un medio de presión contra os promotores desta iniciativa", "é un xeito de dar un tirón de orellas, pero non fan presión de forma 'descarnada' -como pode ser cunha carga na que se chegue a ferir á xente-. É un toque de atención para quen 'promova', 'non condene' ou lle 'dea cabida', así entre aspas, aos actos de queima de imaxes do Borbón", terminou.
O movemento soberanista vai facer, alén dunha denuncia pública do feito, un recurso contra as propostas de sanción que ten, segundo Gomes, abondas posibilidades de ir cara adiante: "falando en termos xurídicos, hai moitas posibilidades de evitar a sanción; pero estamos a falar dun asunto político, que non se rexe pola lóxica. As propias autoridades que emitiron a sanción son as que teñen que revisar o noso recurso, e é moi probábel que, debido ás súas motivacións políticas, continúen na mesma", dixo, lembrando que, no caso de que o recurso non saia adiante, queda recorrer á vía penal.
Onde estais os defensores da constituição espanhola? Acaso não defende esta o direito a manifestar-se e a liberdade de expresão?
O goberno español espantóuse denantes á imaxe de ¨El Rey¨ queimada,¨do noso sacrosanto Xefe de Estado¨,a persoa,entre nós,que máis a carón está de Deus,despois do Papa.mceleiro,a constitución é para os mortais pero non para a ¨divinidade¨ dun rei.Qué che pensabas ?
queren levarnos a unha situación de "ou aras, ou xesteirazo entre os cornos". A pregunta é: ¿imos deixalos?
Se nom querem caldo, vam ter duas cuncas...porque, desde logo, andam bem errados, pensando que assim vai-se deixar de queimar retratos do rei da espanha...
¡Juasjuasjuas! Pero no se preocupen, que esta gente maneja mucha pasta...
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡
1.800 euros cos que poderán sufragar algún chanchullo eses grandes adalides da liberdade que se integran baixos as siglas de pesoe/pepé e se chaman a sí mesmos los demócratas. ou quizás se apunte a eles quintana para algunha das súas campañas de axuda social, condicionada, eso sí, non vaia desmadrarse o presuposto, a uns supostos tan extremos que ben poucos cidadáns serán capaces de percibir algo logo de escurrirse los dineros polos vericuétos administrativos da consellería do ramo; este quin tan necesitado logo do bochorno de ter expresado tanta alegría pola detención en vigo de xosé luís fernández, un tetrapléxico para o que movilizaron un continxente tan numeroso e tan atiborrado de armamento e saña detrás dos bozos que algún veciño pensou que estaban a coller o mismísimo bin laden.
" nosotros, los demócratas " son así xa de toda a vida. acochados nos entresixos do poder político, manexan o articulado do edificio e soio responden pleitesía ó capital que os utiliza de cans de presa contra a poboación. ah, los domócratas, os fillos dos notarios e dos ministros do consello que confirmaron as penas de grimau, de xosé humberto baena, de josé luis sánchez bravo, de ramón garcía sanz, de ángel otaegi ou de juan paredes manot e tantos outros; ese selecto clube do asador donostiarra e do angelos, do palco de bernabeu e piso na castellana con aoito e chófer, de ermenegildo zegna e vacheron e constantin que, tal e como apuntaba un arcipestre de hita fai xa séculos, mirannos de lado e pensan despreciativos que non somos ilustrados.
por que o resto, os que non somos eles de cuna de raso e algodón, somos fauna postrera a medio paso de vivir no calabozo ou na madroa na xaula dos monos tití.
600 euros e citación ante o maricón maís famoso da xudicatura por queimar a foto real size do fillo da esperpéntica maría de las mercedes de borbón y orleans!!! a cánto se podería, pois logo e xa que a cousa vai de multas ( ou de impostos, tasas e gravámenes que sempre recaen no vulgo, segundo esta insidiosa doctrina redistributiva que consiste en sacarlle o pobre até os ollos para inmolalos no altar da multinacional )condenar a toda esta indigna caterva que nos manexa dende os poderes máis escuros e que a diario participa en viles asesinatos dende haití a afganistán??? de que caudal deberíamos falar cando este xefe de estado, profusamente inclinado a prácticas sexuais extremas, utilizou o seu cargo nos derradeiros trinta anos para amasar unha fortuna ilícita a expensas do erario público e dos seus súbditos???
que vergoña, señores. qué vergoña. soio quero vivir moitos anos para ver como reventan todos.
Probiño, e queimariase moito?
Pareceme totalmente grotesco que sexa tan grave queimar unha foto do rei, xa que o único que se está a expresar é unha protesta ó que representa ese señor, sería moito mellor que se preocuparan por delitos reais que se cometen neste país, e se deixaran de chorradas.