Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Propostas sobre o PXOM

"Lugo: a mellor cidade do mundo!!!"

Colectivos de todo o municipio organizan un relatorio para explicar algunhas das actuacións urbanísticas que axudarían ter unha mellor cidade onde vivir.

Redacción - 12:00 23/01/2008

Varias asociacións e colectivos cívicos do municipio de Lugo organizan unha charla-coloquio, este xoves ás 20.00 horas no Instituto Politécnico, para falar sobre as consecuencias do vello PXOM, de 1991, e mais do que está a redacción, e para debater sobre as diversas propostas "que consigan facer de Lugo a mellor cidade do mundo".

Precisamente este é o título do relatorio Lugo: a mellor cidade do mundo!!!. "Os lucenses deixamos pasar moitas oportunidades: Agora mesmo estamos a deixar pasar a oportunidade de facer un Plan Xeral ambicioso e ilusionante", afirman. "Un plan con máis de 6000 alegacións de veciños sen contestar e con profundas modificacións que descoñecemos", engaden.

"Temos exemplos de cidades do noso tamaño que experimentaron unha tremenda mellora grazas ao seu Plan Xeral e ao impulso dos seus políticos, técnicos e cidadáns: Compostela, Pontevedra, Allariz, Oleiros ...", din.

"Urbanismo e non especulación. Arquitectura e non construción, é dicir, deseño e planificación e non improvisación" deben ser a base, segundo eles, "para facer da nosa cidade unha cidade mellor, a mellor cidade do mundo".

Entre os colectivos convocantes están: ADEGA, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación O Carballo, Asociación pola Defensa do Parque Rosalía, Clube Cultural Valle-Inclán, Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, Lugo Patrimonio, Galiza Non Se Vende e Unión de Asociacións Veciñais de Lugo.


Documentos

4,67/5 (3 votos)

Comentarios (3)

piugo #1 23/Xaneiro/2008 piugo

O certo é que Lugo é unha cidade cun potencial do demo. A antiga rúa das putas, a rúa Falcón, aínda que cunha extremada lentitude, é exemplo de recuperación do casco vello. Un exemplo do que hai que evitar son eses colosais e vergonzantes bloques de hormigón de non sei cantas alturas da Avda. Ramón Ferreiro.
Eu quédome con iso que din estas asociacións: 'arquitectura, non construción'

Barcelos #2 23/Xaneiro/2008 Barcelos

Habería que ser un pouco mais modestos e poñer: "probablemente" a mellor cidade do mundo

Home, pra xantar...Lugo

pampeiro #3 25/Xaneiro/2008 pampeiro

Un datiño,piugo,onde fica a rúa das putas,...digo,para cando vaia a Lugo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: