Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DO OGSI

Os cidadáns "actívanse" en internet: análise das redes sociais do país

María e Berto Yáñez estudan as redes sociais do país nun documento que repasa a historia recente da internet en Galiza e o fenómeno xurdido de webs como Chuza.

Redacción - 13:00 23/01/2008

No estudo O uso de internet nas redes sociais de Galiza, María Yáñez e Berto Yáñez, dous especialistas na materia e con ampla experiencia en Chuza.org, expoñen nun documento publicado polo Observatorio Galego da Sociedade da Información como se expandiron as redes sociais en Galiza grazas á aparición da internet. O monográfico repasa a breve historia das redes sociais desde os seus inicios, a súa potenciación a través do uso das novas tecnoloxías e analiza as novas ferramentas sociais que existen para que os galegos se comuniquen na Rede.


Os blogs, fotoblogs, MySpace ou Facebook son algunhas das novas tendencias analizadas no estudo como exemplo das novas formas de organización social en rede que evoluíron coa aparición de Internet. O estudo sinala que en Galiza hai dúas redes principais de blogs: a Blogoteca, que conta con máis de 1.000 blogs e unha media de 65 blogs novos ao mes, e Blogaliza, na que se crean máis de 70 blogs ao mes. Entre as redes sociais de novas, o estudo destaca a Chuza.org como unha das redes máis consolidadas e con maior tráfico de novas e usuarios. A día de hoxe, con pouco máis de 20 meses de vida, Chuza superou os 2.000 usuarios e as 10.000 visitas diarias.


Ligazóns

4.69/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: