Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO DO CÍRCULO DE ESCRITORES CINEMATOGRÁFICOS

María Vázquez gaña opcións de cara aos Goya

O recoñecemento únese a outros recibidos pola actriz viguesa polo seu traballo en 'Mataharis'.

Redacción - 09:00 24/01/2008

Non o ten doado, pero María Vázquez vai gañando opcións semana a semana para levar o Goya á mellor actriz secundaria. O Círculo de Escritores Cinematográficos distinguiu o luns a súa interpretación como a mellor do ano nun papel non protagonista. Este premio únese ao que xa recibira no programa Ojo Crítico de Radio Nacional, e ao obtido no Festival Internacional de Cine de Santander.

Na gala dos Goya, que terá lugar o 3 de febreiro en Madrid, María Vázquez terá como rivais á súa compañeira de reparto en Mataharis Nuria González, Geraldine Chaplin (El orfanato) e Amparo Baró (Siete mesas de un billar francés).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: