Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
O goberno español comeza o proceso

O ministro de Xustiza pedirá este venres a ilegalización de ANV e EHAK

Mariano Fernández Bermejo anunciou que solicitará autorización para que a Avogacía do Estado poña en marcha as acciones pertinentes.

Redacción - 13:15 23/01/2008

O ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, vai propor o vindeiro venres no Consello de Ministros que se lle autorice á Avogacía do Estado para que poña en marcha as acciones pertinentes para a ilegalización de ANV e de EHAK.

Fernández Bermejo fixo este anuncio nunha conferencia de prensa en que asegurou que, se así o decide o Consello de Ministros, o goberno español actuará contra estas dúas formacións por considerar que "pasaron a formar parte do armazón de Batasuna" e por "estar ao servizo da ETA".


1/5 (3 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 23/Xaneiro/2008 ecoe

Ánimo que xa quedan menos vascos!

baltar69 #2 24/Xaneiro/2008 baltar69

non se dan conta estes políticos que con estas burdas maniobras e estas leises capciosas están eles mesmos socavando o estado dunha forma ben máis perigosa que tódolos grupos que, armados ou non, o poñen as claras nos seus predicamentos? esta clase noble de mandaricas non se decata da sima na que se están enterrando e do grao de desprestixio que pronto haberá que
afrontar por toda esta deriva?

o arrastrarse eles, arrastran ao estado e os cidadáns, arrasan a democracia e amosan a auténtica faciana dun fracaso na convivencia e no respeto que nos devolve as páxinas máis negras da historia ibérica do século anterior. ningún de eles serve realmente a españa. sérvense a sí mesmos, os seus lobbys ou partidos, pero para nada a un intento colectivo de integración.

é un triste espectáculo e non lles quepa duda ós lectores que acabará coma o rosario da aurora, como decía gil de biedma: de todas las historias de la historia, sin duda la más triste es la de españa, por que acaba mal.

a mín, particularmente, non me leva lástima ningunha este
crepúsculo da irrisoria e prepotente patria de cervantes e ando incluso a teimar en participar no akelarre para que todo estoupe canto antes e, a falta de c4 co que inmolarme e de conviccións para transformarme en mártir, pido e cedo a miña papeleta a don mariano rajoy brey, pois sei que si o partido popular se instaura de novo no goberno, o impulso nacional tanto en euzkadi coma en catalunya e en galicia medrará exponencialmente até un punto en que a convivencia sexa xa de todo imposible en menos de catro anos vista.

un regalo. é un regalo que nos fan ós independentistas esta insólita cuadrilla que xa fai moito confundiu servir con ser servido.

e os regalos hai que aceptalos. quén dixo medo?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: