Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dous detidos, en Vigo e na Coruña

"Querían volver ás andadas", di Ameijeiras dos presuntos colaboradores do Grapo

O delegado do goberno español en Galiza asegura que "non existe unha estrutura estábel", mais que intentaban formar un "operativo".

Redacción - 17:55 23/01/2008

O delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, asegurou esta cuarta feira que "non hai unha estrutura estábel" dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (Grapo), mais afirmou que os cinco supostos colaboradores detidos esta cuarta feira, dous na Coruña e en Vigo, "intentaban reconstruír algún tipo de operativo".

Ameijeiras confirmou que aos detidos se lles imputan os delitos de actividades de "propaganda", "financiamento", "captación", "proselitismo" e "obtención de información". O ministro español do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, sinalou que os cinco detidos "son membros legais ligados a actividades de financiamento, proselitismo e formación", e engadiu que o grupo "non ten estrutura nin comando operativo".

Neste senso, Ameijeiras dixo que a operación segue aberta mais matizou que "non é previsíbel" que se rexistren novas detencións. Respecto aos dous arrestados aclarou que se trata "dos restos" do Grapo "porque non existe unha estrutura operativa", xa que "se desmontou en xuño de 2007". "Son membros legais que intentaban reconstruír algún tipo de operativo e volver ás andadas", insistiu Ameijeiras, e matizou que na operación de xuño se incautou de material que permitiu as detencións desta cuarta feira.

Traslado a Madrid
Os cinco detidos serán interrogados este venres na Audiencia Nacional española polo xuíz Fernando Grande-Marlaska unha vez cumprido o prazo legal de 72 horas despois da detención. O arrestado en Vigo saíu pola tarde do seu domicilio nun monovolume da Garda Civil con destino a Madrid.

Unha ducia de veciños e familiares botáronse sobre o vehículo para berrarlle a José Luis Fernández González mensaxes de ánimo. Tras permanecer retido dende primeiras horas da mañá no interior do seu domicilio, situado na parroquia viguesa de Sárdoma, Xosé Luís Fernández González foi sacado, sobre as 16.10 horas, a través do garaxe nun vehículo que non tiña os cristais tintados, polo que se puido ver que levaba o puño en alto.


1/5 (2 votos)

Comentarios (11)

xacataca #1 23/Xaneiro/2008 xacataca

Co puño en alto, si señor, e a cabeza ergueira.

Xa está ben de criminalizar todo o que non sexa españolismo e socialdemocracia de salón!

Barcelos #2 23/Xaneiro/2008 Barcelos

Dáme a sensación que hai moita xente nova que non sabe como llas gasta o Grapo.

Só dicir que O Solitario encaixaría perfectamente neste grupo.

IOEFF #3 23/Xaneiro/2008 IOEFF

Mira Barcelos o que non coñece moi ben o Grapo pareceme que eres ti, e moi tipico dalguns reformistas ou simplemente socialdemocratas cargar tintas contra calquer tipo de vanguardia que decide, tomar o lexitimo camiño da autodefensa armada.
Soamente te direi un par de cousas, eu crieime nun barrio obreiro o mismo onde detiveron a carlos hoxe, e podote garantir que os veciños de sempre do barrio sabemos ben do lado de quen estamos, e quen son aqui os terroristas, e precisamente non son nin carlos nin a sua familia.
Segundo aclararte que non son militante nin simpatizante do pce(r) nin de ningunha das suas vertentes, e mais casi se poderia decir que son oposto ideoloxicamente a eles sobre todo no que concerne a figura de Estalin.
E terceiro e ultimo decirte que o camarada carlos esta acusado de proselitismo, eu me pregunto que e proselitismo para o estado fascista español e os seus complices, proselitismo para eles e pensar contrario o que eles pensan.
se carlos fora racista ou fascista e presumira delo non lle pasaria nada pero como e comunista, e fai gala diso, xa fai proselitismo, e merece tortura e cadea non?¿

mira pois aqui tedes un pouco de proselitismo por se queres denunciarme Barcelos.

Vivan aqueles que hipotecan a sua vida pola loita da clase proletaria, xa sean etarras, grapistas, ou simples militantes comunistas, merecen o meu maximo respeto.

Barcelos #4 23/Xaneiro/2008 Barcelos

Nin teño o gusto. Se che asasinasen a un familiar dun compañeiro como é o meu caso non falarías así.

E o familiar do meu compañeiro non era nin fascista, nin militar, nin policía, nin garda civil. Era un cidadán normal, pero non che vou a dicir quen. Remove os casos de mortos en Galicia polo Grapo e será un deles. E só por roubar diñeiro. (Un gran respeito pra os que rouban diñeiro aos demáis é ademais mátanos)

Eu non son quen para denunciar a ninguén. Cada un é moi libre de denunciarse a si mesmo.

IOEFF #5 23/Xaneiro/2008 IOEFF

Mira barcelo se queres entrar na demagoxia barata de eu coñezo e un amigo que lle mataron un familiar, e ese tipo de cousas as que soedes acudir os "democratas", cando non tedes argumentos acude a elas e o teu problema.
Simplemente te direi unha cousa o Grapo a diferenza da ETA sempre fixo os seus actos dunha maneira selectiva, e unha segunda cousa se o suposto familiar do teu suposto amigo, era un guardia de seguridade ou o que o mesmo un mercenario armada a soldo dunha empresa privada, que tomouse demasiado a celo o seu traballo, demostrando o ben amaestrado que estaba, non me da ningunha pena o destino que correou, xa que estou seguro que a el tampouco, lle fallaria o pulso para matarnos a calquera de nos , en pro da defensa da sua ben amada empresa.

Os capataces e os centurions no son obreiros son esquirois, e entendeo como queiras.

lostrego #6 24/Xaneiro/2008 lostrego

IOEFF, Xustificas a loita armada de Eta e os Grapo? paréceche ben que se mate a outra persoa por pensar distinto ou por ser garda de seguridade?
Eu son asalariado e dende logo non considero que me defenda unha xente que pon bombas e mata a outros, se ti pensas que a tiros amañamos... pois bueno, daquela calquera pode tomar a xustiza pola súa man.

fuco-lois #7 24/Xaneiro/2008 fuco-lois

Hai mamaiña, levaba un puño en alto e , co outro que facía?. que medo!. Que roupa vestían, que peiteado,... iso e dar información e argumentos da detención. Coido que a loita armada hoxe no mundo en que vivimos non ten ningunha xustificación. Teriase que buscar outro tipo de loita "ideolóxica" para enfrontarse a corrente dominante de capitalismoglobalizadofascista.

IOEFF #8 24/Xaneiro/2008 IOEFF

En primeiro lugar eu non xustifico a loita armada, a defendo que e moi diferente, persoalmente opino que a dia de hoxe e contraproducnte pero, iso non significa que deixe de ser unha via valida para alguns, e defendo o seu dereito a utilizala contra o estado, que tamen utiliza a violencia contra eles, por iso que mais que loita armada, seria autodefensa non crees?¿.

Segundo para o graciosiño do co outro que facia, mira amin o que me parece gracioso e que me digan os benefactores e loitadores pola liberdade da guardia civil, que han detenido a nova estructura dos grapo, e que entre os detenidos vexamos un paralitico, e un enfermo de gravidade que por certo xa foi soltado, si e moy creible que ese era o novo comando listo para matar, buffff eran terrorificos, non sei como no enviaron a lexion a detelos pola peligrosidade dos mesmos.

Pero ainda asi sempre habra cerdiños como Quintanilla, felicitando a benemerita polo seu bon traballo.

PD: Acabo de leer que a Guardia civil advirte da peligrosidade de Pepita a nai dos detidos, manda carallo(esto ultimo non e broma)

gonzaloam #9 24/Xaneiro/2008 gonzaloam

Eu non son militante absolutamente de nada. Nin sequera son stalinista. A figura de Stalin prodúceme arrepios.
Aínda así, teño que dicir que coñezo ao Luís O Ché, e sei que está paralítico e que na súa casa un pode atopar varios miles de libros. Que tremendo, libros!!! Que armas máis mortíferas!!!
Sei que os seus veciños de Sárdoma téñeno en alto concepto persoal, e sei que é perigoso por como pensa. Non vexo eu ao Ché pegando tiros dende a silla de rodas.
O que si vexo, de casual, é que coinciden nestes días moitas cousas xuntas: un novo comando Dixán en Barcelona, a comparecencia dunha alcaldesa vasca na Audiencia Nacional, a detención doutro etarra máis en Francia, e a detención de máis grapos en Euskadi, Madrid e Galicia. Eu pregúntome se todo isto non estará planificado, agora que dentro de pouco dous partidos que difieren ben pouco nos seus postulados políticos vanse "enfrontar" por ver quen queda primeiro e quen queda segundo, e se non lle interesará ao que agora está no Goberno, que tanto e tanto foi acusado de blandiño polo que agora está na oposición, facer méritos para que non lle fuxan os votos pola dereita, aínda que lle fuxan uns pouquerrichiños pola esquerda. Total, se lle fuxen pola esquerda recolleraos IU e as forzas nacionalistas da periferia que aínda se din de esquerdas. Non si? E volverá a gobernar o señor que ía recoñecer o estatuto que se dera o parlamento catalán, que ía facer unha Lei da Memoria Histórica en condicións, que ía afastar a Igrexa da educación, que ía.....que ía a engañarnos como nos engañou no seu día don Felipito.

ecoe #10 24/Xaneiro/2008 ecoe

Suscribo en especial: "Total, se lle fuxen pola esquerda recolleraos IU e as forzas nacionalistas da periferia que aínda se din de esquerdas. Non si? E volverá a gobernar o señor que ía recoñecer o estatuto que se dera o parlamento catalán, que ía facer unha Lei da Memoria Histórica en condicións, que ía afastar a Igrexa da educación, que ía.....que ía a engañarnos como nos engañou no seu día don Felipito."

BonKarallan #11 24/Xaneiro/2008 BonKarallan

Atopáronlles uns euros nos petos e dixéronlles: Que, con que xuntando diñeiro pra un atentado non?

Os grupos islámicos, ETA, os quema-fotos do Rei, os Grapos, as Grapas, HB, os comunistas das terras vascas, os latin kings, Gallardón, os bispos... demasiada limpeza para unha campaña electoral. Pasaralles factura?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: