En representación das concelleiras do PSdeG, "indefinición" e "falta de rigor" foron as queixas subliñadas por Mar Barcón sobre o anteproxecto de lei presentado pola Xunta.
O bipartito abriu fenda este xoves pola parte do anteproxecto de lei de servizos sociais. Logo da xuntanza dos concelleiros do ramo, a secretaria de Política Social da executiva nacional do PSdeG, Mar Barcón, expuxo as queixas do partido fronte ao proxecto do Goberno que está sendo desenvolvido pola Vicepresidencia.
"Atopamos que existen cousas mellorábeis", sinalou Barcón malia subliñar a "boa nova" da propia existencia do anteproxecto, "en primeiro lugar cremos que debe ampliarse o ámbito da Lei e ter en conta os servizos sociais municipais: os concellos deben ter máis protagonismo tanto nos servizos sociais básicos como nos específicos". Nese sentido, a concelleira coruñesa explicou que por exemplo, "pasar a xestión dos Centros de Día, actualmente xestionados pola administración municipal, á xestión autonómica, non vai mellorar a situación en ningún aspecto".
Por outro lado, Mar Barcón explicou que os socialistas consideran que no anteproxecto "existe unha indefinición de termos que supoñemos que se corrixirá: a confusión entre o que é o dereito subxectivo e os servizos ou prestacións doutra natureza". Barcón tamén advertiu de que o seu partido está contra a fixación dunha porcentaxe obrigatoria nos orzamentos municipais destinada aos servizos sociais. "Se todos os departamentos da Xunta fixaran esa porcentaxe podería chegarse a que o total sumara máis dun 100%", queixouse.
A ver se os do psoe comezan a keixarse polos malos servizos do Sergas, q até o de agora non dixeron nin pio.
¿Por que non canaliza o PSOE esa demanda a través do goberno? ¿Será que estamos en precampaña?
xa dende logo pois que non queren pagar os sevizos sociais nos concellos????pero logo levar toda agloria si seguro que lles gusta que falen iso do sergas que da moito de que falr
os do PSOEenG