Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'CASO ATUTXA'

Máis de 50.000 persoas maniféstanse en Bilbao a prol das institucións vascas

Na marcha contra a decisión do Tribunal Supremo que condena a Atutxa, Knörr e Bilbao participaron representantes do tripartito.

Redacción - 10:10 27/01/2008
Un momento da manifestación / Jesús Mª Ezkerra

Un momento da manifestación / Jesús Mª Ezkerra

Máis de 50.000 persoas, segundo a Policía Municipal de Bilbao, participaron este sábado na manifestación convocada polos tres socios do goberno vasco, PNV, EA e EB-Berdeak, contra a condena do Tribunal Supremo a Juan María Atutxa, Gorka Knörr e Kontxi Bilbao polo 'Caso Atutxa'. A concentración, que levou como lema 'Na defensa das nosas institucións' rematou coa lectura dun comunicado de denuncia.

Detrás da pancarta, que portaban cidadáns anónimos, puidéronse ver, ademais do lehendakari, Juan José Ibarretxe, os seus antecesores no cargo, José Antonio Ardanza e Carlos Garaikoetxea, ademais dos líderes do PNV, Íñigo Urkullu; EA, Unai Ziarreta, e EB, Javier Madrazo, ademais da presidenta do parlamento vasco, Izaskun Bilbao.

No texto lido ao remate da marcha saliéntase que a intención dos manifestantes non era presionar os xuíces nin "menoscabar a súa imparcialidade", senón, simplemente, exixir "xustiza". A concentración produciuse como reacción á sentenza do Tribunal Supremo, coñecida o luns pasado, pola que se condena a Atutxa, Knörr e Bilbao por un delito de desobediencia.


5/5 (4 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 27/Xaneiro/2008 ecoe

Ésa é a mobilización máxima que ten o pnb, e nun intre de ataque directo contra as supostas "soberanías" das suas institucións?

Cántas xentes irían si convocaran abertzales?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: