Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

O presidente baixará de Monte Pío á area televisiva

O PSOE restrinxe ao Congreso a idea de circunscrición exterior. O PP recorda que Fraga xa o propuxo, pero para o Senado. O BNG di que son escusas para evitar o voto en urna.

Redacción - 09:00 29/01/2008

As agarradas dialécticas que os líderes das formacións políticas xa se viñeron adicando no escenario parlamentario, terán quenda desta volta coa cerimonia das cámaras televisivas. O que non conseguiron as últimas eleccións municipais, xuntar a Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijoo e Anxo Quintana diante das cámaras, conseguirano estas eleccións xerais.

Feijoo fora o primeiro en apuntarse, Quintana recordara que el sempre estivo ben disposto e sen condicións e o gran ausente das citas coas cámaras en 2007, Emilio Pérez Touriño, concede agora a súa presencia á beira dos outros. "Galiza xógase avanzar ou retroceder", argumentou este luns en declaracións aos medios o secretario xeral do PSdeG e presidente da Xunta para xustificar a aceptación do convite ao debate proposto pola Galega.

O presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, aceptou acudir ao debate electoral proposto pola TVG e no que tamén participarán os dirixentes do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e do BNG, Anxo Quintana. "Galicia xógase avanzar ou retroceder", esgrimiu para xustificar a súa presenza o mandatario, que nos comicios municipais rexeitou o convite para ir a un programa similar. Segundo Touriño, desta volta danse circunstancias que non se deron nos anteriores comicios: "Non é o ámbito local dos concellos, senón un ámbito determinante para a comunidade", explicou.

A circunscrición para o exterior non consegue o consenso
De visita na Coruña este luns, o coordinador do programa electoral do PSOE, Jesús Caldera, explicou que a creación da circunscrición parlamentaria propia para os residentes no exterior é unha proposta que se circunscribe unicamente aos comicios xerais e xa que logo, ao Congreso. Caldera fixo estas declaracións malia que o día anterior o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, asegurara que na proposta tiveran amplo protagonismo os socialistas galegos. Con todo, Caldera dixo agardar consenso das forzas políticas para que en 2012 a circunscrición entre en funcionamento, logo da correspondente reforma constitucional.

Ao respecto, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, laiouse de que a proposta socialista está encamiñada a "renunciar a outras reformas", como o voto en urna, que o censo de emigrantes conte na repartición provincial de escanos ou delimitar en que comicios participan os residentes no exterior. Aymerich insistiu en que crear unha circunscrición propia require unha reforma constitucional, que será complicada de levar á práctica.

"Se cadra o PSOE está tirando por elevación sabendo que vai ser difícil", adiando dese xeito outras modificacións máis urxentes que garantirían a transparencia democrática do voto emigrante. Lembrou Aymerich que no programa electoral de 2004 os socialistas xa levaban a promesa de que todos os emigrantes votarían en urna nos seguintes comicios, compromiso que non se cumprirá. "Estamos a asistir novamente a un espectáculo de turismo electoral que o BNG xa denunciou en repetidas ocasións", queixouse.

Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou a creación da circunscrición propia para emigrantes no Congreso porque, ao seu xuízo, é "unha cuestión de desigualdade", xa que a Cámara baixa "non representa a territorios senón a cidadáns". Desde o PPdeG recordan que o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, xa fixera unha formulación deste tipo para o Senado. Feijoo dixo estar disposto a estudar unha iniciativa semellante pero para o Senado e insistiu en que a prioridade debe ser "garantir o voto en urna".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: