Os afectados e diversas organizacións ecoloxistas denuncian que o novo goberno local incumpriu as súas promesas.
A recualificación dunha parte da fraga de Menáncaro, no municipio de Ferrol, vai acabar nos tribunais. Segundo informa Europa Press, un veciño afectado presentou un recurso contencioso-administrativo contra a aprobación definitiva dun plan que abre a vía á urbanización da zona.
A Comunidade de Menáncaro, integrada polo afectados e as asociacións Verdegaia, Sociedade Galega da Historia Natural e Adega, denunciou este martes que o Plan de Sectorización se atopa no mesmo estado ca cando gobernaba o PP e Independentes por Ferrol.
Os veciños esixen que o consistorio volva a cualificar como chan rústico a fraga e derroge a clasificación actual: chan urbanizábel non delimitado.