Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un 6,4% máis de sinistros laborais

Máis de 51 mil accidentes de traballo o ano pasado

Desde a secretaría de Saúde Laboral de Comisións Obreiras sinalan que nos últimos doce meses se produciron até 3.284 accidentes máis ca en 2006.

Redacción - 09:00 30/01/2008

Industria e servizos concentran case sete de cada 10 accidentes laborais (o 68,34%) con 17.660 e 17.802 sinistros, respectivamente. Perto deles aparece a construción, con 13.317. O total: 51.852 accidentes en 2007, fronte aos 48.658 de 2006. Ademais, incrementouse o índice de incidencia nun 1,62%, isto é, a ratio entre poboación afiliada e número total de accidentes, que pasou de 5.771,03 a 5.864,74.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra suman 8 de cada 10 sinistros. Na primeira contabilizáronse 21.556 (o 41,57%) e na segunda 20.967 (o 40,43%). Pola súa banda, Lugo rexistrou 4.851 (9,39%) e Ourense 4.458 (8,6%). Desde CCOO advirten de que o incremento se produciu en todas agás en Pontevedra, onde houbo unha pequena redución do 0,53%. En Lugo o aumento da sinistralidade chegou ao 7,22%, en Ourense un 5,93% e na Coruña un 3,93%.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 31/Xaneiro/2008 baltar69

de toda esa cifra gustaríame saber que número exacto de accidentes sufriron os esforzados traballadores da administración pública e cantos aqueles que, facendo realidade en carne propia as máximas do liberalismo, traballan para a empresa privada. os accidentes sufridos polos funionarios podando unha pereira ou colocando unha persiana en fin de semana na casa da sogra non deben ser computados, ollo, por que anque incidan na famosa e estudada productividade de las españas( ?? )non sirven para o meu futuro estudo.
temén me viña ben coñecer o número exacto de cadros sindicalistas ( si é que queda algún que non sexa funcionario en algunha administración, cousa que dudo ) que teña sufrido en carnes propias unha de estas continxencias. para este punto, deixaremos tamén fora accidentes clásicos coma clavarse o bic no cú o ir a sentarse logo de tomalo enésimo café da mañán ( señor, esa tensión!!! ) ou tropezar nas escaleiras de san caetano logo do terceiro viño no bar da planta baixa.
gracias por todo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: