Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOUBO MALVERSACIÓN E PREVARICACIÓN?

Un xulgado de Compostela reabre a investigación sobre a Cidade da Cultura

A decisión é consecuencia das conclusións da comisión parlamentaria celebrada a finais do ano pasado.

Redacción - 10:24 30/01/2008

As decisións xudiciais arredor do complexo do Monte Gaiás semenllan ser cando menos dubitativas. Logo de que en novembro de 2007 o xulgado número un de Compostela arquivase unha denuncia por prevariación e malversación presentada polo ministerio público, agora cambian as tornas. O motivo é que a maxistrada coida que as conclusións parlamentarias dan para, cando menos, reabrir a investigación.

A xuíza santiaguesa atende así a petición do fiscal e dunha militante da CIG, Mar Peteira, que recorreron no seu momento o arquivo das pesquisas. O ministerio público cre que hai indicios suficientes para que se abra un proceso penal. As principais irregularidades terían que ver coa adxudicación das obras e coa reforma de contratos durante os gobernos de Manuel Fraga.


4,78/5 (9 votos)


Comentarios (3)

outrolector #1 30/Xaneiro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só lles pido aos xuices que sexan tan meticulosos como os que condearos aos tres do Eixo á cadea.

Tino #2 31/Xaneiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E oxalá sexan tan meticulosos xuices e FISCAIS como caso dos q keiman un papel coa estampa dun rei (ainda q sexa de bastos).
(Roubar cartos públicos até parece q está ben visto, pola forma en q actua a xustiza).

baltar69 #3 31/Xaneiro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hai que investigar e condenar os responsabeis de este desaguisado. si eso non se fixera, sería xa o acabose e o fin da política galega. e que non se me diga que son fiscal, xuíz e tribunal. é o que a sociedade civil demanda e é o axustado tamén a dereito. e hai que parar as obras e reconvertir ese desastre, desistindo da finalidade inicial. haberá que utilizar o que hai para fins concretos e razonabeis, o que ahora esta nova burguesía política chama poñer en valor, pero hai que parar esta sangría. traballos comprometidos? indemnizacións? bueno, pódense contratar outras obras e actuacións necesarias en outros puntos con eses proveedores e así facer menos lexiva para a empresa privada que participa nestes fastos este troco de orientación, pero seguir para adiante nunha partida cando está demostrado que non se levan cartas e que apenas se sabe xogar é un camiño que leva directamente a ruína. anque neste caso non á bancarrota dos que xogan, que sempre arranxan; o triste é que os que vamos ao carallo somos os administrados pois os nosos políticos, no goberno ou na oposición, facendo ben ou facendo rematadamente mal, sempre gañan.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: