Tan só Asturias supera a nivel estatal a o número de falecementos por habitante rexistrados en 2006.
Flickr: IHQ
Durante n 2006 rexistráronse en Galiza un total de 1.080 falecementos por cada 100 mil habitantes, unha cifra moi superior á media do Estado, que se sitúa en 843 casos, segundo indican os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O dato total indica que en Galiza morreron 29.389 persoas, das que 14.939 eran homes e 14.450 mulleres.
Os galegos morren máis de enfermidades cardiovasculares, seguidas de tumores e das enfermidades do sistema respiratorio. Por idades o maior número de falecementos no noso país concéntrase na fraixa entre os 85 e 89 anos, seguida dos de entre 80 e 84, 75 e 79 e 70 e 74. Tras estes cinco tramos de idade, sitúase a fraixa máis lonxeva, a de 95 anos en adiante, que rexistrou unha mortalidade de 1.758 persoas cunha grande proporción de mulleres, o que constata que as féminas viven máis que os homes.
Datos para o Estado Español
O total estatal indica que en España morreron 371 mil persoas, case 16 mil menos que en 2005, o que supón unha media de 843 falecidos por cada 100 mil habitantes, un 4,1% menos que no ano anterior.
As causas máis habituais de morte nas mulleres son as enfermidades cardiovasculares, seguidas por cancro, principalmente de mama, seguido do de colon, bronquios e pulmón. Con respecto aos homes, as causas principais son os tumores, e dentro das enfermidades cardiovasculares, as isquémicas do corazón. O cancro de colon foi o máis mortífero, seguido do de próstata.