Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTE XOVES, SID GRIFFIN E MATT VALENTINE

Pontevedra e Santiago ábrense ao folk norteamericano

Os concertos serven, respectivamente, para abrir o ciclo 'Vangardas Sonoras' e a extensión compostelá do festival Sinsal.

Redacción - 11:50 31/01/2008

O folk norteamericano domina os escenarios galegos este xoves. En Pontevedra, Sid Griffin, máis clásico, case unha lenda do rock norteamericano, abre o ciclo Vangardas Sonoras na Fundación Caixa Galicia da cidade. O concerto comezará ás nove da noite. Sid Griffin foi líder da mítica banda The Long Ryders, que entre 1983 e 1987 publicou catro álbums moi influenciados por Gram Parsons e os The Flying Burrito Brothers.



En Compostela inaugúrase a extensión de Sinsal, que nas vindeiras semanas ofrecerá tres concertos de músicas de vangarda. Matt Valentine & Erike Elder with The Golden Road son os cabezas do cartaz, e estarán precedidos polos galegos Igloo, que continúan presentando o seu álbum homónimo, e o EP Una luz de estilo glacial. Será no Salón Teatro, a partir das dez da noite e a dez euros a entrada.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 31/Xaneiro/2008 ecoe

Agora o Capital é quen decide o que podemos ver, escoitar ou ler.

Cando, pouco tempo,había concellerías ilustradas e Asociacións Culturais e Veciñais vivas, era moi dsistinto: mesmo había CULTURA.!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: