Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Crean o comité feminino de vela galega

Pola igualdade de dereitos para todos e todas en todo

O primeiro Comité Feminino da historia de vela e do deporte galego naceu esta semana.

Redacción - 12:25 31/01/2008

Foi por iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral para o Deporte, Caixanova e a Federación Galega de Vela, que naceu o primeiro Comité Feminino da historia da vela galega.

Aínda que na vela acostuman estar homes e mulleres en igualdade de condicións, e destacan igual número de mulleres que de homes, a constitución deste comité supón un pulo á modernización da institución velística, preocupada en ofrecer a mellor cobertura e servizos ás súas federadas e federados.

O Comité está formado por regatistas integradas no seo directivo da entidade, e a súa misión esténdese a outros ámbitos relacionados co deporte da vela, como é o sector das traballadoras, como as as adestradoras, as oficiais de regatas, ou as xuízas e árbitras.Charlas, conferencias e clinics son algúns dos primeiros pasos que se van desenvolver este ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: