Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GALERÍA JOSÉ LORENZO DE COMPOSTELA

Lembrando as primeiras obras de 'Atlántica'

A mostra expón algúns dos traballos iniciais de Lamazares, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Leopoldo Novoa, Luís Fega, ou Correa Corredoira.

Redacción - 12:10 31/01/2008

Este xoves inaugúrase en Compostela, na galeria José Lorenzo situada na Travesa do Franco, unha exposicion colectiva que presenta obras de Lamazares, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Leopoldo Novoa, Luís Fega, ou Correa Corredoira, fundadores do grupo Atlántica, que renovou a escena plástica galega a comezos dos oitenta.

As obras de Lamazares, Patiño e Menchu Lamas que se expoñen sitúanse no expresionismo sinóptico, mentres que a selección que se realizou dos traballos de Freixanes atinxe á súa primeira etapa, cun expresionismo inspirado na natureza.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: