Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÁBADO 2, NO CENTRO TORRENTE BALLESTER

Toda unha 'Ultranoite' en defensa da Ría de Ferrol

O habitual espectáculo da Sala Nasa viaxa cara ao norte, en dirección a Trasancos, con Reganosa de fondo.

Redacción - 08:43 01/02/2008

Este sábado 2 de febreiro, ás oito e media da tarde, o centro sociocultural Torrente Ballester de Ferrol acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido por Arredemo e Burla Negra, co obxectivo de homenaxear os veciños de Meá e ao Comité Cidadán de Emerxencia, e para denunciar novamente a presenza da planta regasificadora de Reganosa no interior da Ría de Ferrol "contra os intereses da cidadanía e do ben común".

O espectáculo contará coa participación de Chévere (Mónica García, Miguel de Lira e Xesús Ron, entre outros), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo), Volta e Dalle (Pepe Penabade e Comba Campoy, entre outros), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, e coa actuación das cantareiras e cantareiros de Meá.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: