Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'COMBAT FEST', SÁBADO 2 EN BUEU

Punk, punk, punk

O Morrazo acolle este sábado un dos mellores festivais punk da tempada en toda a Península.

Redacción - 11:01 01/02/2008

UK Subs e The Vibrators, referentes do punk nos últimos setenta, encabezan o cartaz do Combat Fest, que se celebrará este sábado en Bueu, na Sala Zona (Polígono de Castiñeiras). Ademais, actuarán os californianos Total Chaos, e os galegos Skarmento e Skacha. As entradas xa están á venda a un prezo de 16 euros mentres que na billeteira venderanse a 20 euros.

Os UK Subs conservan case intacta a formación orixinal do grupo, con Charlie Harper (voz), Alvin Gibbs (baixo) e Nick Garret (guitarra). Son sen dúbida un dos grandes referentes do punk de mediados dos setenta coas súas cancións acelaradas e dun claro compoñente político. The Vibrators non quedan atrás, pois foron teloneiros dos Sex Pistol e The Stranglers, e en 1977 foron os encargados de abrir a xira doutros dous grandes do rock, Iggy Pop e David Bowie. O seu album máis aclamado foi Pure Mania.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os UK Subs
Os UK Subs
The Vibrators
The Vibrators