Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Viaxarán a Israel para defender esta vantaxe

As do Extrugasa gañan por seis puntos ás xogadoras isrealitas

Nos oitavos de final da FIBA Eurocup, o único equipo estatal e galego mantense, e vai dando pequenos pasos. Gañaron na ida contra o Electra por 60-54.

Redacción - 12:30 01/02/2008
A pívot do Extrugasa, Marina Kress

A pívot do Extrugasa, Marina Kress

As de Vilagarcía andan fortes na casa. Nun dos poucos partidos que televisou a Galega, as xogadoras do Extrugasa fixeron un bo papel. Aínda que interpretado como escaso por algúns, os seis puntos chegaron para vencer, e han de ser protexidos na volta, en Israel.

Nos primeiros minutos as defensas antepuxéronse aos ataques, e houbo poucos puntos, pero as galegas terminaron cunha boa vantaxe no marcador (18-11). As americanas Perkins e Jackson, e a serbia Vilipic eran, como xa se agardaba, as tres principais ameazas do Electra Ramat Hasharon, pero a pívot bielorrusa do Extrugasa, Marina Kress, asinou un espléndido segundo cuarto, e terminou con 11 puntos e 10 rebotes, e unha diferencia no marcador de 6 puntos (37-32).

Un tripla de Brown abriu o terceiro cuarto aumentando a vantaxe das arousás, pero as israelitas seguiron a marcar, por detrás das galegas, sen separarse moito, e non deixaron o marcador sentenciado (48-42). Aínda quedaba o último cuarto.

E neste Kress estaba no banco, con catro faltas feitas, polo que as arousás sufriron ben, pero ao final conseguiron vencer, a pesar de que equipo de Israel andáballes detrás, pegadiño. A cousa terminou 60-54.

O partido de volta será a vindeira quinta feira, 7 de febreiro en Tel Aviv.

EXTRUGASA, 60: Brown (14), Kress (11), Gómez (8), Ardon (6), Ciudariene (15) -cinco inicial- Hill (0), Herrera (2) e Asurmendi (4).

ELECTRA RAMT-HASHARON, 54: Perkins (10), Mizrachi (3), Troina (7), Vilipic (17), Jackson (11) -cinco inicial- Dori (2), Vidovic (4) e Kolodny (0).


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: