Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PASO XUDICIAL

Esixen no TSXG que se aplique a sentenza que anula a declaración ambiental de Reganosa

A Xunta e a empresa teñen recorrida a decisión diante do Tribunal Supremo.

Redacción - 19:32 01/02/2008
Tags: Reganosa TSXG

O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol presentou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) unha solicitude para que se execute unha sentenza de xuño de 2006 que anulaba a declaración de efectos ambientais da planta de gas de Reganosa, concedida pola Xunta en 2001. Hai que lembrar que esta sentenza está recorrida no Tribunal Supremo pola Xunta e a propia empresa.

Membros do Comité recibiron este venres cunha cazolada a chegada dun novo gaseiro, o 'LNG Sokoto', con bandeira de Bermudas. Na protesta participaron arredor de trinta persoas. Un dos voceiros do colectivo, Manuel Rodríguez Carballeira, afirmou que Reganosa “é un caso gravísimo de corrupción política e financieira”.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: