Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN MITIN EN OURENSE

Zapatero afirma que o TAV terá “máxima prioridade” na vindeira lexislatura

Veciños de Trives aproveitaron para mostrar o seu malestar polo trazado da A-76.

Redacción - 10:51 02/02/2008
Tags: xerais08

O presidente do goberno español aproveitou un acto de precampaña en Ourense para falar por enésima vez do TAV. Diante de preto de cinco mil simpatizantes, Zapatero asegurou que se repite como xefe do executivo estatal vai darlle “máxima prioridade” ás conexións ferroviarias galegas. Segundo o candidato socialista, Galiza tivo un déficit de investimentos e de “formas democráticas á hora de gobernar”.

Rodríguez Zapatero tamén aproveitou sinalou que é preciso potenciar “a identidade e a vontade de autogoberno”. Tamén falou de cuestións lingüísticas ao afirmar que o galego ten que ser recoñecido a nivel estatal como “unha lingua que enriquece e convive”.

Non todo foron aplausos
Mais Zapatero tamén tivo que escoitar algo máis que “presidente, presidente”. No exterior do pavillón dos Remedios, un grupo de veciños do Ribeiro mostraban o seu malestar polo polígono ambiental que a Xunta promove en Carballeda de Avia. Fóra tamén se atopan outro grupo de persoas que reclamaba un cambio de trazado na autovía A-76 para que se teña en conta a Trives. Un representante deste último colectivo logrou entrar no pavillón, de onde foi desaloxado.


1/5 (1 votos)


Comentarios (5)

Sabrexo #1 2/Febreiro/2008 Sabrexo

Só terá prioridade, como xa temos visto nesta lexislatura, se quen goberna en Madrid precisa dos votos do nacionalismo galego.

triforio #2 2/Febreiro/2008 triforio

Esta visto que o PPdeG

triforio #3 2/Febreiro/2008 triforio

Esta visto que o PPdeG

triforio #4 2/Febreiro/2008 triforio

Esta visto que o PPdeG e o PSG só lles interesa o rural galego cando hai eleccións. Non son de Trivés, pero con ir dar unha volta de vez en cando por alá daste conta do esquecida que esta esa comarca polas administracións, e iso que é unha terra ben fermosa. Como se quere impulsar o turismo en Manzaneda se non hai quen chegue. Zapatero só veu apañar uns cantos votos ilusionando aos galegos cunha platónica baixada dos impostos. É o que ten aprender tanto do PP.

sozinho #5 3/Febreiro/2008 sozinho

E de que non haxa neve tamén lle botarán culpa ao goberno. Trives tamén estará mellor comunicada cando fagan a autoestrada por unha zona máis chaira e poboada. Os empresarios da zona teñen todo o dereito a pedi-lo que piden, pero cunha visión de conxunto, é un pouco ilóxico. Eu recomendaríalles que pensen máis en diversifica-lo seu negocio e adaptalo a máis clases de turismo que o de pijeretear co último modelo para neve en Manzaneda e chegando en coche privado ata a mesma estación de esquí -o telesilla sei que dá vertixe-. Resumindo, pode haber tetos máis grandes, pero non hai que seca-lo resto por inchar un só (en permanente crise pola falta de neve).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: