Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVOS DATOS

O número de vivendas visadas en Galiza caeu un 44% no terceiro trimestre de 2007

Un estudo da Fundación Caixa Galicia achega novos datos da forte desaceleración que sofre o sector.

Redacción - 13:20 02/02/2008

A construción de vivendas recúa. Segundo un informe da Fundación Caixa Galicia, no terceiro trimestre de 2007 os colexios de arquitectos do país visaron un 44% menos de vivendas. A previsión é que unha vez se faga balance dos últimos tres meses do ano pasado volva haber unha recesión nas cifras e que esta prosiga ao longo deste ano. O estudo sinala que esta clara desaceleración, que xa comezara nos primeiros meses de 2007, viuse compensada por un mellor comportamento da obra civil.

Os analistas da entidade financieira tamén subliñan un importante descenso (17,6%) nas transaccións efectuadas entre particulares, que se recollen nos rexistros da propiedade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: