Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Arenas fala de "coartada aos nacionalismos"

Chaves apoiará que galego, catalán e éuscaro se poidan estudar en Andalucía

A Conferencia Política do PSOE en Andalucía aprobou unha iniciativa a prol do plurilingüismo que en opinión dos socialistas andaluces aumentaría as oportunidades laborais dos cidadáns.

Redacción - 09:00 04/02/2008

Nese sentido chega a proposta ao programa electoral co que o PSOE acudirá ás eleccións autonómicas en Andalucía. O documento sostén literalmente que o goberno andaluz promoverá o ensino "nas escolas oficiais de idiomas, das linguas españolas oficiais, naqueles casos nos que se dea unha acusada demanda, co obxectivo de facilitar a aqueles andaluces que o requiran pola súa mobilidade laboral".

A emenda incorporada polos socialistas recolle así as suxestiósn realizadas pola Asociación Diversidad y Convivencia, que lle pediu aos partidos políticos que participan nestes comicios, a inclusión de galego, catalán e éuscaro nas escolas oficiais de idiomas. O colectivo tamén considera que se deberían crear cátedras destes idiomas nas universidades andaluzas. En conversa con Vieiros semanas atrás, o presidente do colectivo, José Antonio Sierra, laiábase de que se poida aprender galego en múltiples cidades europeas e non así en ningunha cidade andaluza.

O PP rexeita a iniciativa
Acusando ao PSOE andaluz de proporcionar unha "coartada para o nacionalismo vasco e catalán", o candidato á Junta do PP andaluz, Javier Arenas, subliñou que o interese do seu partido é que os rapaces "saiban moi ben o castelán e o inglés". Arenas fixo burla da proposta socialista e dixo que a iniciativa ten que ver coa "desigualdade de oportunidades" en función da lingua que existe na súa opinión no Estado español.


5/5 (8 votos)


Comentarios (8)

Tino #1 4/Febreiro/2008 Tino

Se esa proposición fora feita por nacionalistas ou polo Galeuscat seguro q o Psoe estava en contra.
E non digamos se o Ibarra estivera en activo, q ainda pateará... deixa ver!

LOIS_DE_SILAN #2 4/Febreiro/2008 LOIS_DE_SILAN

Tendo en conta que o ordenamento español prescribe: na Galiza na súa lingua territorial propia, coma en Euskal Herría na súa, coma nos Paises cataláns na súa coma en Castela(-Andalucía) na súa, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda non coñece a territorial propia; évos normal e intelixente que en Andalucía vaian facilitanto esa integración lingüística da súa cidadanía nas outras linguas españolas con intencións laborais, culturais, nacionalistas (Andalucía culta, España culta,...) ...

luisfoz #3 4/Febreiro/2008 luisfoz

Por algo se começa. O verdadeiramente importante seria que no ensino obrigatório essas línguas fossem umha matéria optativa que pudesse ser escolhida se umha parte do alunado o desejar.

Anti_Lusista #4 4/Febreiro/2008 Anti_Lusista

Aquí vese realmente a naturaleza facha do PP. Qué plurais son! Seguen representando a "Doma e castración del Reyno de Galicia". Con xente como esta o único que espertan é a conciencia nacionalista.

Da medida do psoe voto en falta que estas linguas estean na secundaria, ademáis de ser unha vergoña que non existirá esta posibilidade antes nas escolas de idiomas, pero máis vale tarde que nunca.

Se España quere ser un Estado plural iste é o camiño que se ten que seguir. O día no que o galego o vasco e o catalán sexan tan españois como o castelán, entón será un estado plural como é Suiza, namentres somos para eles extranxeiros que son sometidos, é inda por riba se quixan que existan tendencias secesionistas, manda carallo!

Eu máis que a independencia sempre avoguei por un modelo plurinacional de recoñecemento como o que ten o Reino Unido pero con dereito a autodeterminación, pero tal como están as cousas no noso país galego dubido que academos isto a curto plazo.

xurxinho_tolo #5 4/Febreiro/2008 xurxinho_tolo

Si o PP coma sempre o inglés si agora as linguas estatais non diria eu o do inglés non vira por un acordo con bush......hahahhah

xermolo #6 4/Febreiro/2008 xermolo

Eu me pregunto, que pensaran os galegos, cataláns e vascos coas palabras do señor Arenas?

desapego de Espanha,

Trovador #7 4/Febreiro/2008 Trovador

Haveria que lembrar-lhes a estes cretinos do PP que "o saber nom ocupa lugar".

Nom dissimulam o ódio que sentem polas outras linguas do estado distintas ao castelhano.

E para rematar lembrar-lhes que o nosso idioma galego-português, a diferença do catalam e êuscaro, serve para comunicar-se com mais de 215 milhóns de falantes nativos, sendo a quinta língua mais falada no mundo e a terceira mais falada no mundo ocidental.

E faço ênfase nesta diferencça porque sempre tendemos a comparar-nos com ou outros países da GALEUSCAT e a realidade da nossa lingua no mundo é bem distinta. E também porque ao melhor os do PP se animam a promover o galego-português junto ao inglês... num arrebate de coerência.

pampeiro #8 4/Febreiro/2008 pampeiro

Na Suiza che esixen,ademáis da túa,saber alomenos unha das restantes linguas da Confederación Helvética.Este Arenas é un iñorante,non sabe que cantas máis linguas saibas mellor para a túa formación e para che insertar(e entender)no mundo.PP,sodes uns iñorantes !!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: