Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por orde do xuíz Garzón

Deteñen aos dirixentes de Batasuna Pernando Barrena, Patxi Urrutia e Unai Fano

Acúsanos de "integración en organización terrorista por reiteración delituosa, ao seguir actuando en nome de Batasuna".

Redacción - 17:20 04/02/2008
Pernando Barrena

Pernando Barrena

Os tres foron detidos no mediodía desta segunda feira de Entroido nas localidades nas que residen: Pernando Barrena en Berriozar; Patxi Urrutia en Iruña; e Unai Fano en Larrabetzu.

Segundo fontes xurídicas, as detencións enmárcanse nas dilixencias 320/07, abertas polo maxistrado tras a operación desenvolvida o pasado outubro na localidade guipuscoana de Segura, na que foron detidos uns vinte membros da Mesa Nacional de Batasuna. Naquela altura xa detiveran a Patxi Urrutia, que saíra após pagar unha fianza de 24 mil euros.

Ao parecer as detencións responde á intervención de Barrena, Urrutia e Fano o pasado sábado en Iruña, nun acto sobre as "conversacións de Loiola", que mantiveron o PNV, o PSE e Batasuna en outubro de 2006, e sobre a "proposta de marco democrático" da esquerda abertzale.

Neste acto Barrena asegurou que a esquerda abertzale vai estar "con toda seguridade" e "en calquera circunstancia" nas eleccións españolas do 9-M.

Garzón considerou que con estas intervencións públicas, que Barrena seguiu actuando en nome de Batasuna, a pesar da ilegalización desta formación, e ordenou as detencións dos tres, acusándoos de "integración en organización terrorista por reiteración delituosa, por seguir actuando en nome de Batasuna a pesar da súa ilegalización".


1/5 (4 votos)


Comentarios (5)

fervenza #1 4/Febreiro/2008 fervenza

Enriba deste recadro hai unha frase "sen comentarios". A min tamén me gustaría dicir o mesmo, noxo me da que metan a estes na cadea e non a Aznar que é o máximo responsable da traxedia de Irak. Estamos en eleccións e o PSOE "pega" duro.

Gaviotero #2 4/Febreiro/2008 Gaviotero

Dos más pal trullo...¡jejeje! Tranquilos, que si gana ZP el 9 de marzo (cosa improbable), ya se encargará Garzón de sacarlos unos días después.

fervenza #3 5/Febreiro/2008 fervenza

E digo eu se gaviotero non será unha brincadeira dos redactores de vieiros pra animar un pouco os foros...

Gaviotero #4 5/Febreiro/2008 Gaviotero

No, fervenza, no...afortunadamente para mí, no soy un redactor de Vieiros.

lunet #5 5/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: