Superou, nunha axustada votación, a Entre Trastes e a Fía na Roca.
Budiño convértese deste xeito no primeiro artista que repite vitoria nos Premios Opinión, organizados polo xornal coruñés, que chegan este ano á súa sétima edición. Home superou ao debut discográfico de Entre Trastes dúo formado por Xosé Liz e Daniel Vilar, e ao último traballo de Fía na Roca, Vente Vindo. Budiño obtivo xa este premio en 2004 co seu álbum anterior, Zume de Terra. Parece confirmarse que este está sendo un bo ano para o gaiteiro de Moaña, despois do éxito acadado na presentación de Home no Celtic Connections de Glasgow.
Os votos estiveron moi divididos e até doce grupos e artistas foron nomeados polos xornalistas especializados que conformaban o xurado.
Pouco pode aportar a este povo ao por o castelá por diante do galego para publicita-lo...
..a qué te refires Breogham?
Por certo, alguén pode contarme como se fai esta selección?
O titular da nova paréceme ben importante: "'Home' de Budiño, mellor disco folc do ano", así que imaxino que haberá unha ampla representación do mundo da cultura para que vieiros considere tan rotunda a afirmación ¿?