Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

Esquerda Unida recorrerá ante a Xunta Electoral se a exclúen dos debates da TVG

Reclama a participación da coordinadora nacional, Iolanda Díaz, no programa Hai Debate.

EP - 09:00 05/02/2008

Esquerda Unida (EU) esixiu este luns a súa participación nos debates electorais da TVG e ameazou con recorrer ante a Xunta Electoral se "é excluída". Así, anunciou que reclamará o respecto ao pluralismo político e social, así como a neutralidade informativa dos medios de comunicación de titularidad pública en período electoral.

Máis en concreto, EU reclamou a participación da coordinadora nacional e tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Yolanda Díaz, no programa da televisión autonómica Hai debate! do próximo día 18; así como no previsto para o día 27, ambos os dous con temática electoral.

Ademais, considerou que a decisión de exclusión por parte do Consello de Administración da TVG responde a criterios "estritamente políticos" e á pretensión de eliminar a voz "nítida e crítica" da "única opción alternativa e de esquerda".

Por todo, EU reiterou que a súa exclusión sería "inescusábel" posto que dispón de grupo parlamentario no Congreso e porque deixaría sen representación nos debates os 32 mil galegos que "confirmaron a EU como cuarta forza política".


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (21)

pelacho #1 5/Febreiro/2008 pelacho

deberiamos poder participar todas... non hai tanta xente interesada.

Sabrexo #2 5/Febreiro/2008 Sabrexo

A cuarta forza política de Galiza non é IU, senón TEGA.

sanfelipe #3 5/Febreiro/2008 sanfelipe

De momento TEGA non se presentou ás eleccións autonómicas nin ás xerais.

ecoe #4 5/Febreiro/2008 ecoe

E hai moitas máis, incluso "antipolíticas", que tamén teñen dereito. E mesmo as xentes das ruas e aldeias.

esquerdagalega #5 5/Febreiro/2008 esquerdagalega

O BNG está moi nervioso con Esquerda Unida. En primeiro lugar, EU foi a cuarta forza política nas xerais, con máis de trinta mil votos, e nalgúns lugares, como Ferrol, obtivo a metade de votos que o Bloque. En segundo lugar, se o BNG ten medo de que EU lle reste votos pola esquerda, debería dedicarse a facer política de esquerda: botar abaixo Reganosa, votar en contra do Plano acuícola e esquecerse de pactar con CiU

Longchamp #6 5/Febreiro/2008 Longchamp

Que deixen participar a Yolanda, ho, que nunca podemos rir nada neses debates.

pikolote #7 5/Febreiro/2008 pikolote

Ai equivocaste, qauen está nervioso con Esquerda Unida é o PSdeG. O trasvase habitual de votos é IU-PSOE.

aconjuradosnescios #8 5/Febreiro/2008 aconjuradosnescios

A questom é singela: que participem todos os grupos políticos que se vaiam apresentar às eleiçons polas províncias galegas. Esse seria um modelo democrático, e se algum partido em concreto tiver reparos por umha eventual perda de votos, o problema é do programa eleitoral, nom do confronto nem do diálogo aberto e para todos. Seria também mesmo positivo que houvesse vários debates, e que participassem grupos além dos concorrentes. Mas acho que isso seria quimera. Mágoa

ranciadas #9 5/Febreiro/2008 ranciadas

O BNG medo de Izquierda Afundida. Anda xa!!!!

Gaviotero #10 5/Febreiro/2008 Gaviotero

Que recurran, pero aquí lo que se discute es si gobierna el PP o el PSOE. Los demás nos importan un pito...Izquierda Unida incluida.

COUTOVEN #11 5/Febreiro/2008 COUTOVEN

Creo que é un grave erro político por parte do BNG o non considerar visitar as comunidades galegas da diáspora. De feito seria un retroceso.

Fai algúns anos contamos coa presenza do señor Xosé Manuel Beiras na cidade de Valencia, Venezuela. Atopamos na súa persoa a un político serio e comprometido cun pensamento socialista moderno e un concepto da galeguidad amplo e respectuoso.

Non creo que existan razóns de peso para que Anxo Quintana non considere o visitar esta e outras latitudes onde existan galegos de primeira, segunda e ata terceira xeración.

O importante é que se isto concrétase non se seguise a liña do PSOE e o PP. É moi triste ver a demagóxica forma como se intenta compran votos. Ofrecendo o profano e o divino. Trasplantando prácticas caciquiis propias do feudalismo galego mais antigo e anacrónico.

Ofrécense axudas para persoas da terceira idade e resulta que gran parte das mesmas caen en mans de anciáns con solvencia económica. Isto en detrimento de as que realmente o necesitan.
Ofrécense viaxes para campamentos. Un ve ano tras ano que sempre viaxan os fillos dos directivos ou os achegados á mesma. Non existe menor interese que os beneficiarvos destas viaxes sexan os que non contan con recursos para realizalos. As axudas máis que distribuírse na comunidade galega en función de necesidades reais. Queda concentrada nuns centros sociais que reúnen a oligarquía. E é esta a que deciden quen fose da súa contorna poden ser acredores dalgún beneficio.

Na grave situación actual de Venezuela, o que se require é que a comunidade galega senta que conta cun goberno que defenda os seus intereses. Alguén a quen dirixirse para que sirva de interlocutor dos seus problemas e das múltiples inxustizas que se padecen ao intentar de realizar trámites como solicitar unha pensión ou poder sacar un simple pasaporte. Creo que moitos pensasen que o goberno galego pode facer pouco a este respecto. É certo, pero polo menos saberemos que non estamos sos e posiblemente lógrese algo máis xa que algúns gobernos coidan moito a súa imaxe de face ao exterior.

As axudas teñen que continuar, pero doutra forma. Un exemplo seria o achegue de tratamentos farmacolóxicos. Unha parte importante da comunidade galega que vive en Venezuela pertence ao grupo da terceira idade (60 anos e máis) moitos deles sofre de enfermidades crónicas como: Diabetes, hipertensión arterial, cardiopatías isquémicas, osteopatías, etc. Os sistemas de seguridade social en Venezuela non garanten a dispoñibilidade destes medicamentos. De feito, gran parte das miserables pensións logo de pagar regularmente por décadas non alcanzan para comer, moito menos garantir un tratamento regular. Se un ancián da nosa comunidade sofre unha fractura de cadeira, hai que organizar colectas para poder adquirir unha prótese e os materiais para ser intervido nun hospital público. Se falamos dunha cirurxía cardíaca estariamos soñando.

Unha conduta responsable dos nosos políticos para coas comunidades de ultramar que nun tempo axudaron a formar a galiza que hoxe existe. Pasa polo respecto e non porque se destine máis diñeiro. Senón que o mesmo distribúase entre os que realmente o necesitan.
Se estas comunidades senten desamparadas nos seus países de acollida. Poden optar polo retorno. Pero un retorno grave para eles xa que moitos pasarían os seus mellores anos produtivos. O seu maior capital serán os recordos, xa que o seu patrimonio practicamente é imposible que poida ser sacado. Os máis novos aumentasen a lista de desempregados envileciendo o mercado laboral.

De tal xeito que é unha obrigación para todos os políticos galegos e de forma especial os do BNG coñecer no terreo a realidade das comunidades fóra do noso país. Xa que o nacionalismo sabe que foi na diáspora onde se mantivo o lume que contribúo ao noso proxecto de nación. É máis, moitos medios de información ente os cales atópase VIEIROS din que a súa orixe está na Galiza exterior, pero lamentablemente hoxe dálle as costas á mesma. Polo menos nos apartados dedicados a Venezuela.

COUTOVEN #12 5/Febreiro/2008 COUTOVEN

Perdon este escrito é para a noticia PSOE e PP quítanlle importancia ao voto emigrante malia ou aumento ou CERA

COUTOVEN #13 5/Febreiro/2008 COUTOVEN

Eu penso que Esquerda Unida non é precisamente o partido que poida estar pedindo igualdade de dereitos á hora de aparecer nunha canle de televisión. Cando un dos seus membros e asesor do propio Llamazares, Juan Carlos Moedeiro. É un dos intelectuais que defenden contra vento e marea as políticas represivas de Chávez cara aos medios de comunicación de Venezuela.
Dá risa, cando é presentado como un intelectual iluminado que pretende facer crer que por provir da Universidade Complutense de Madrid pode pontificar sobre a lei de telecomunicacións en Venezuela. E facendo gala dunha patética erudición, repite como unha cotorra “Venceuse a concesión” “venceuse a concesión”e con ignorante cinismos non le o que di o resto do articulado da lei. Onde queda claro, que o goberno carece de potestade para negar a renovación. Hoxe en día a demanda a este respecto dorme nas gavetas do tribunal supremos de xustiza.

Afortunadamente en Galiza contamos con formacións de esquerda, que son autónomas. Poden cometer erros pero nada semellante ao que se prestou Esquerda Unida. Son estas as razóns polas cales cada día sacan menos votos e cóidanse moito de esconder as súas relacións co facistoide de Chavez. Xa que isto dá moitos dividendos económicos pero moi poucos políticos.

lunet #14 5/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

Maeloc-do-Rouco #15 6/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Por se nom ficava nidio ja se ve a ideia de democracia que tem o F-A-S-C-I-S-T-A Gaviotero...Fascista integral...em democracia decidem os cidadans. Que governem PP ou PSOE a nivel do Estado Espanhol -que nom eixa de ser umha parte da UE mal que lhe pese ao PP que preferiria o Estado Fascista de 1946- no tira de que se precissem coaligfazons e que haxa cidadans que votem por programas que se axustam mais aos seus principios...Xaora que como o FASCISTA de Gaviotero nom tem mais principios que a brutalidade, a ineducazom, a estreiteza mental (tem mundo este home??) e a falahde compromiso cos seus iguais, que somos os homes e as mulheres acreditemos no que acreditemos...Delatas-te meu: Es um FASCISTA e fico curto porque acho que nom tes inteligencia a bondo nem pra saber o que isso significa...Compadezoa os que te tenham que aturar...E digo-o porque tenho amigos e conhecidos tanto espanhois como espanholeiros e tudos coincidem na opiniom qu elhes merece a "caricatura Gaviotero"...Magoa (viaxa um pouquinho fora da dicotomia Vigu-Eshpania e aprenderas a respeitar...se calhar)

IOEFF #16 6/Febreiro/2008 IOEFF

Faime gracia que agora vella esquerda unida, a querer facer algo en Galiza cando dende sempre fumos despreciados polos seus politicos centristas e nacionalistas españois, se esquerda unida quere salir nos debates da TVG que empece por tomar a Galiza como o que e un pobo con dignidade cultura e personalidade propia, e segundo que busque politicos que amen Galiza e que non a vexan simplemente como un trampolin para madrid.
Eu persoalmente veria mais productivo a presenza nese debate de grupos como NOS-UP, ou o PCPG, que polo menos defenderian posturas e intereses diferentes os outros tres que o fin e o cabo representan e buscan o mesmo, o sillon, o enchufismo , e o poder, que mas da, elixir entre neo-liberais que liberais a mesma merda distinto collar.

ecoe #17 6/Febreiro/2008 ecoe

Ademáis eses dos que falas andan dentro dos problemas -e das loitas- que nos prantexamos, mentres qsie os do Llamasares andan enfaldados na mugre. (Con tódolos respeitos para a Iolanda e outras boas xentes que poida haber). Mais sálvanse de que en TYrasancos hai moito traballador que viviu os derradeiros 40 anos CON MEMORIA E DIGNIDADE, mais non anda sobrada de eso a esquerda unida (pro €$paña cañí)!

polaesquerda #18 6/Febreiro/2008 polaesquerda

EU pedimos a oportunidade de demostrar que somos unha forza necesaria na Galiza.
RECLAMAMOS A PRESENZA DUNHA NOVA FORZA POLITICA DE ESQUERDAS NO PARLAMENTO GALEGO que a día de hoxe non existe, DENUNCIANDO o grande xiro a dereita da UPG-BNG do brazo de Tojeiro e CIA. aquí en Ferrolterra.
Aportaremos un pulo ás políticas medio ambientais que abandonaron o PSOE/UPG-BNG da vergoñenta Xunta de Galiza.
Denunciamos as políticas continuistas de FRAGA coa Cidade da Incultura no GAIÁS.
Reclamar outras políticas de salvagarda das Rías , sobre todo da Ría de Ferrol e a vergoñenta, escandalosa PLANTA DE GAS, poñendo en perigro a toda a poboación da comarca.

Outra politica é posible.

IOEFF #19 7/Febreiro/2008 IOEFF

Sen dubida como di o comentario #18 outra politica e posible, pero esta claro que esa outra politica non vera dada da man de EU, nin moito menos, o pimeiro seria preguntarlles pola esquerda de quen pretende entrar pola esquerda da extrema dereita tradicional, ou pola dos seus amigos e complices da nova dereita do PSOE.
Mira un partido que di ser de esquerdas republicano e federalista, o que non pode facer e pactar como fiel vasallo todo o que di outro partido como o PSOE que resulta ser neo-liberal, monarquico e centralista.
Iso seria o primeiro, por outro lado atacades o BNG o cla me parece moi ben sinceramente, mais alo di iso decirvos que sodes iguais.
Mira eu non sei os anos que tes rapaz pero si sei os que teño eu, e o que para esquerda unida foi sempre Galiza un trampolin para Madrid, sen mais, e os seus dirixentes un fato de mercenarios.
Cando deixedes de firmar leis neo-liberais e de pactar con aqueles que adicabanse a enterrar comunistas en cal viva, falade enton de loxica e honradez.
Mentras tanto decarvos o voso a trepar e comer flores, que o pobo traballador de esquerdas os ten mais que fichados.

Sr_J #20 7/Febreiro/2008 Sr_J

Agardo que, se os invitam aos debates, incluam tamém a TeGa e mesmo ao autodenominado PG, à FPG, a Nós-UP, a UPyD, às diversas Falanges... em fim, a todo aquel que se presente, porque, se nom se limita a participaçom aos que tenhem representaçom parlamentária, nom sei por que vai estar nos debates a 4ª força e nom a 5ª, a 6ª... onde ponhemos o umbral, e em base a que? Claro que, se nos debates participa tododios, nom sei se colherám no plató...

Deixando isso parte, manda caralho o vitimismo desta gente. De toda a vida saem nos debates só os partidos com representaçom (quando nom, direitamente, só o PP-PSOE), e agora venhem estes a inventar-se que os perseguem ou algo assi. Que se currem um pouco a página, que a TV nom o é todo. E que se preguntem por que só sacaram 32000 votos... igual nom é só por nom sair na tele!

mercedes #21 7/Febreiro/2008 mercedes

Terceiro intento:
Onte á noite na Radio Galega Yolanda Díaz demandaba unha modificación da lei electoral a prol dunha circunscripción única, entendendo que IU esta subrepresentada en comparanza con ERC: ou descoñece que ese grupo (como o BNG) só se presenta na súa nación, ou quere manipular para gañar o espazo que a súa forza perdeu, por certo, tamén en Ferrol.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: