Solicitan ao PSOE que sexa posíbel estudalo nas escolas do noso país antes de propor que se faga, xunto co catalán e co éuscaro, nas entidades educativas andaluzas.
Actualmente non se pode estudar galego en todas as Escolas de Idiomas. Flickr: _yh
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou ante o Partido Socialista Galego que as institucións dean unha “garantía verdadeira” do estudo do galego nas Escolas Oficiais de Idiomas do noso país, por ser “o idioma propio segundo a lexislación vixente”. Así, o organismo solicita ao PSdeG que antes de propoñer que o galego, xunto co catalán e co éuscaro, se estude nas escolas andaluzas, punto do programa electoral do PSOE andaluz para as eleccións ao Parlamento, primeiro se garanta que todas as EOI de Galiza poidan cursar os estudos oficiais de galego.
Actualmente só é posíbel cursar estes estudos nas sete cidades galegas, mais non existe esta posibilidade en moitas EOI de Galiza, como as de Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Viveiro e Ribadeo. O principal é “garantir que o estudo do galego sexa posíbel, antes de máis, no propio territorio onde se fala”, indican dende a Mesa pola Normalización Lingüística, e “unha vez neses mínimos, o estudo da lingua galega pode estenderse a onde se quixer”.
Demanda das escolas de idiomas
O secretario de Organización do PSOE de Andalucía, Luís Pizarro, asegura que a proposta recollida no programa electoral do partido de incluír o estudo do catalán, éuscaro e galego nas escolas de idiomas responde a unha demanda das propias escolas. Pizarro indicou ademais que esta ensinanza é voluntaria, e se impartirá cando a demanda sexa suficiente, segundo recollan as entidades educativas. Con estas afirmacións responde o PSOE ás críticas do Partido Popular nas que describía a iniciativa como "coartada para o nacionalismo vasco e catalán".
Ayayay, estos planificadores estalinistas...La cuestión es...¿hay demanda de gallego en las escuelas de idiomas?
A ver si nos va a pasar como con Filología Gallega, que sólo tiene tres matriculados en Vigo.
¿O acaso de lo que se trata es de colocar a los amiguetes de la Mesa por la Falsificación Lingüística?
Ós administradores de Vieiros:
Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.
Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...
Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.
Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡
P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡
Os galegos fóra da Galiza que queiran estudar galego nas correspondentes escolas oficiais de idiomas teranvos que agardar primeiro a que en todas as escolas oficiais da Galiza (as catro provincias ou a Galiza lingüística?) se impartan estes estudos!
E, antes diso, terá que haber escolas oficiais de idiomas en todas as parroquias ou, mellor aínda!, a menos de un quilómetro do domicilio de cada galego!
Eu aínda vos teño a esperanza de que ós da Mesa se lles aproximen algún día os vapores do asisamento! (aprezo que non nos falen xa tanto do de "mínimos de cooficialidade" e por fin sexan quen de comezar a distinguir entre lingua propia e linguas alleas).
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.