Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DOMINIO GALEGO

PuntoGal terá presenza no encontro internacional da Icann en Nova Delhi

Espérase que o organismo que regula os nomes de dominio na rede dea datas concretas para as novas solicitudes, entre as que estará o .gal.

Redacción - 09:00 07/02/2008

A Asociación PuntoGal estará na próxima reunión internacional da Icann, que se vai desenvolver do 10 ao 15 de febreiro na cidade india de Nova Delhi. O encontro, que chegará á súa 31ª edición, tratará cuestións como o funcionamento interno da organización ou a normativa aplicábel ás candidaturas. Tamén se expoñerán os retos e as oportunidades dos novos dominios xenéricos. Na convención estarán presentes as máis de 300 persoas inscritas.

PuntoGal espera que durante esta xuntanza se anuncie o calendario definitivo para a apertura de solicitude de novos dominios, entre os que estaría o .gal para a cultura e a lingua galegas. Na anterior edición do encontro internacional, que tivo lugar en Los Angeles, déronse unhas datas provisionais, cunha primeira quenda de solicitudes no verán de 2008 e a publicación dos novos dominios aceptados a comezos de 2009.

A Icann insiste en todos os informes en que é fundamental para ter éxito no proceso que a petición sexa unánime, respaldada pola comunidade no seu conxunto, e que os informes presentados sexan impecábeis nos aspectos técnico, económico e de xustificación. PuntoGal fará unha campaña informativa entre os asistentes sobre a proposta do dominio para a cultura e a lingua galegas na rede.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: