Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica polo bloqueo dun spot

"Quere o goberno español que non vexas este anuncio?"

Amnistía Internacional quéixase de que o Ministerio de Industria negou a autorización para que este vídeo poida ser emitido de balde nas televisións.

Redacción - 11:25 07/02/2008


Láianse desde o colectivo en defensa dos dereitos civís de que o goberno español afirme que o vídeo "non é de utilidade pública" e que o cualifique de "publicidade partidista e política". Deste xeito, calquera televisión que o emitise gratuitamente podería ser multada. Amnistía Internacional considera que é un caso de "censura".

No vídeo pode verse a diferentes líderes políticos, coma o ruso Vladimir Putin, o estadounidense George W. Bush ou o presidente de Libia, Muammar Gadaffi, coas súas voces dobradas e escoitándose de xeito ficticio das súas bocas frases extraídas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como as seguintes: "todos os cidadáns son libres e iguais" ou "ninguén pode ser sometido a torturas nin detido arbitrariamente".


5/5 (3 votos)


Comentarios (7)

casdeiro #1 7/Febreiro/2008 casdeiro

:-D Que decepción de vídeo! Eu pensaba que ían meter nel os resultados do Relator da ONU sobre a Tortura no seu estudo sobre a situación en España >XD

Tino #2 7/Febreiro/2008 Tino

O video é moi bo chama a atención do vidente, di verdades coma puños e non molesta a ninguén.

Tino #3 7/Febreiro/2008 Tino

Por que enton o prohibe o ministerio da industria?

COUTOVEN #4 7/Febreiro/2008 COUTOVEN

Será por que non están todos os sátrapas mundialmente recoñecidos e iso podería ofendelos.

Como é posible que deixasen por fóra a Robert Mugabe e ao mais mediático de todos os criminais militaristas como Hugo Chávez recomendando o consumo de pasta e folla de coca en pleno horario infantil. Que edificante verdade?

mceleiro #5 7/Febreiro/2008 mceleiro

Será porque não sai Zapatero....

...agora que Asnar colocara a EjpaÑa no mundo...

Sara_Mago #6 7/Febreiro/2008 Sara_Mago

que problema tem a folha de coca? se é tam sa coma as berças! esta demonstrado desde ha milenios

COUTOVEN #7 8/Febreiro/2008 COUTOVEN

Se Sr. ou Sra. Sara_Meigo. Que problema ten a folla de coca?

Excelente nutriente?. Vostede daríalla aos seus fillos?

Nin sequera no estudo de Harvard ao cal apelan moitos de forma interesada para defender a “bondades desta planta ancestral”. só avaliouse el desenvolvemento orgánico en ratas xa que en humanos non é ético.

Se a ver imos, os opiáceos tamén teñen indicacións terapéuticas vixentes. E por esa soa razón non imos a santificar o opio. Iso si a, flor da Adormidera é moi fermosa e a planta tamén ten vitaminas e minerais.

O problema non é que sexamos tolerantes co consumo esporádico de folla de coca por un individuo como Chávez. Se non, que sumado ao inocente consumo da folla tamén indico que consome PASTA DE COCA. Se Sr. ou Sra. Sara_Meigo, PASTA DE COCA. Vostede sabe que concentración do alcaloide existe na pasta para atreverse a considerar inocente o seu consumo.

Desde cando o ancestral pobo Aimara consome pasta de coca?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: