O goberno local do PP permitirá que o magnate coruñés Xosé Collazo ocupe case o 3% do municipio para construír un macropolígono e 744 vivendas.
O nome de Xosé Collazo Mato pode pasar desapercibido para moitos, pero a estes apelidos responde un dos máis importantes empresarios do xogo a nivel mundial. Collazo Mato posúe casinos, bingos e salóns recreativos en toda Europa (especialmente no este) e en boa parte de América. Agora, o Concello de Aranga vén de recualificar tres millóns de metros cadrados (case o 3% da extensión dun municipio que ten 119 km2) para que o empresario coruñés poida construír un polígono industrial e 744 vivendas destinadas a traballadores do futuro polígono. O alcalde, Manuel Brañas (PP), chegou a un acordo con Collazo Mato para que o novo PXOM convirta o terreo rústico en urbanizábel.
A noticia, que desvelou esta semana La Opinión de A Coruña, supuxo unha auténtica revolución nun pequeno municipio, escasamente poboado e eminentemente gandeiro. O máximo mandatario local sostén que este proxecto urbanístico, un dos máis grandes neste momento a nivel estatal, é a “salvación” dun concello que ve como a xente nova busca traballo en vilas como Betanzos ou en cidades como A Coruña. Dende a oposición móstranse cautelosos e sorprendidos cun proxecto sobre o que afirman tiveron moi pouca información.
Pero quen é 'o rei do xogo'?
Ao igual que o dono de Inditex, Amancio Ortega; a Collazo Mato non lle gustan os flashes dos fotógrafos. 'O rei do xogo' converteuse en tres décadas nun magnate. A finais dos anos 70 empezou a traballar con tres modestas máquinas comecartos na Coruña que el mesmo se encargaba de amañar cando se avariaban. O bum destes aparellos, logo de anos de prohibición, fixo ricos aos que se dedicaron ao xogo. Pero Collazo Mato, propietario do Casino Atlántico da Coruña, foi máis aló e construíu un auténtico imperio, denominado Grupo Comar, con casinos e bingos por medio mundo (República Dominicana, Venezuela, República Checa, Eslovaquia...) e máis de 2.000 traballadores en nómina.
Nos anos 90, Collazo Mato diversificou os seus negocios e introduciuse no mundo da construción. Na cidade da Coruña, promoveu grandes urbanizacións como a de Matogrande ou centros de ocio como o Palexco. Mais recentemente, en sociedade co antigo propietario de Fadesa, Manuel Jove, e do Tecam, Xosé Souto, mercou os terreos da antiga subestación de Unión Fenosa na Grela, onde inicialmente está previsto que Ikea e Hipercor constitúan un centro comercial.
Mais a impresionante carreira empresarial de Collazo Mato tamén tivo partes máis escuras. En 2005 o seu nome foi asociado ao do empresario ourensán Olegario Vázquez Raña nunha controvertida concesión de licenzas en México.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
No sei ben que pensar.....
por un lado, a idea de facer macro-o-que-sexa no eido da construción pareceme aberrante, pero por outra veira a idea de crear un polígono industrial que de traballo a centos de traballadores e alentadora nun tempo onde encontrar traballo non é nin moito menos doado.
Haberá que ver a evolución de este tema e sobre todo, e se o xeito no que se fixo a recalificación axeitase a legalidade
Estou contigo lunet.
A primeira cousa q chama a atención é a bandeira q usa, as cores resaltan sobre o fondo branco e é cara onde van os ollos, sobre todo dos q están dispostos a levar a cabo a máxima "Nengumha acçom sem resposta,,
Mais tamén, é a marca para non ler ese comentarios incendiarios: eu en canto a vexo paso por riba dela, é moi fácil.
Ademais, gástanse demaiadas enerxias q se podian dirixir cara unha discusión mais pousada e atinada.