Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Tamén están presentes en Uruguai

A lingua e a cultura galegas chegan ás universidades brasileiras

Novo convenio coa Universidade de São Paulo en Brasil para a promoción da nosa lingua, e renovación do xa existente coa Universidade da República en Uruguai.

Redacción - 14:00 09/02/2008
A Universidade de São Paulo incluirá o galego nos seus planos de estudo

A Universidade de São Paulo incluirá o galego nos seus planos de estudo

Os universitarios brasileiros poderán estudar a lingua e a cultura galega grazas a un acordo firmado entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de São Paulo polo que por primeira vez van colaborar na docencia, investigación e promoción do noso idioma. O Consello da Xunta tamén aprobou a renovación do acordo de colaboración existente coa Universidade da República uruguaia, polo que o galego forma parte do seu plano de estudos.

Mediante estes convenios as universidades comprométense a ir máis alá do académico para estendérense a toda a súa área de influencia. A través de conferencias, mesas redondas, seminarios ou exposicións as entidades académicas tentarán traspasar o ámbito universitario e difundir a nosa lingua.

O Plan xeral de normalización da lingua galega ten entre os seus obxectivos a consolidación do ensino e a investigación do noso idioma nas universidades nas que xa existe como materia de estudo e introducilo noutras universidades de interese estratéxico. Actualmente, a rede de difusión exterior do galego conta con 45 centros de estudos galegos e 36 lectores.


5/5 (4 votos)


Comentarios (6)

AGIL #1 9/Febreiro/2008 AGIL

Acham que isso "promocionará" o "galego" (castelhanizado) ou simplesmente o castelhano (espaÑol)?
Tanto dinheiro para "promocionar" fora o que dentro cada vez está mais atacado e em processo de extinção...

independencia #2 9/Febreiro/2008 independencia

Lusistas imperialistas.Traidores á patria galega.
Viva Galiza Ceibe! Independencia e socialismo!

mceleiro #3 9/Febreiro/2008 mceleiro

Tu sim que es dos patriotas, hahahahaha

Patriotismo de berrar quatro consignas e seguir depois a roda espanholista....

Anti_Lusista #4 10/Febreiro/2008 Anti_Lusista

"espanholista", e ti "portuguesista antigalego". Manda carallo, aquí coma os nenos pequenos.

galegoportuguesa #5 12/Febreiro/2008 galegoportuguesa

E logo que é aprender galego mais que estudar português com ortografia espanhola? Para isso que estudem direitamente espanhol, nom?

harizti #6 15/Febreiro/2008 harizti

Antano existía filoloxía galego-portuguesa, que estudaba as dúas vertentes do mesmo sistema lingüístico, mais seica amolaba os intereses de alguén, polo que se suprimiu creándose no seu lugar dúas filoloxías: a portuguesa e a galega. Quen gañou e quen perdeu con este invento?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: