Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
NO PRIMEIRO SEMESTRE DA LEXISLATURA

Quintana pide un compromiso unánime do Parlamento para reformar o voto emigrante

A proposta do vicepresidente pasa por unha circunscrición específica, voto en urna e control das campañas electorais na diáspora.

Redacción - 17:35 08/02/2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, propúxolles este venres ao PSdeG e ao PPdeG que nos primeiros seis meses da próxima lexislatura presenten unha iniciativa conxunta para reformar o voto emigrante. Deste xeito, segundo Quintana, evitaranse polémicas como a xurdida pola viaxe de Alberto Núñez Feijoo á Galiza exterior.

O responsábel da Vicepresidencia pediulle, ademais, explicacións ao dirixente do PPdeG pola entrega dunha acreditación de subvención da Deputación de Pontevedra ao Centro Galego de México. Para evitar este tipo de "escándalos", propuxo que as tres forzas presentes actualmente no Parlamento se comprometan a presentar conxuntamente "unha proposta de modificación legal para solucionar o tema do voto emigrante".

Quintana avoga por crear "unha circunscrición electoral específica para eles, a regulación das campañas electorais coas mesmas limitacións e controis que se teñen no interior e ir a un método de votación en urna". Tamén pediu que o compromiso se materialice e se lle faga saber á cidadanía antes das eleccións do 9 de marzo.


5/5 (4 votos)

Comentarios (6)

Sabrexo #1 8/Febreiro/2008 Sabrexo

Cómpre garantir o voto de TODOS os emigrantes (tamén os que están en Madrid, Barcelona ou Canarias) e impedir os fraudes que se producen co voto dos DESCENDENTES de emigrantes sen ningunha vinculación co país.

Brais #2 8/Febreiro/2008 Brais

Este é o Quintana que me gusta

http://es.youtube.com/watch?v=...

Gaviotero #3 8/Febreiro/2008 Gaviotero

Quintana representa al partido minoritario del Parlamento, el mismo que se niega a condenar el nazismo. Sus propuestas pueden ser ignoradas...

lunet #4 8/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

Maeloc-do-Rouco #5 8/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

chegaliza #6 9/Febreiro/2008 chegaliza

Quintana representa ao partido maioritario de GALIZA, o mesmo que defende os dereitos de GALIZA. As súas propostas poden ser moi importantes...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: