Diversos colectivos e sindicatos censuran a estratexia do PP de "xerar desconfianza" cara aos inmigrantes ás portas das eleccións xerais.
"É unha proposta que parte dunha falta de respecto cara á inmigración, porque xurde da idea da sospeita, suxerindo desde o principio que presuntamente os inmigrantes non aceptan as leis e de que son necesarios compromisos e mecanismos adicionais", láiase Mónica Alzate, membro da Casa Latinoamericana en Galicia e voceira do Foro Galego de Inmigración. Mónica Alzate explicou para Vieiros que se trata dunha iniciativa que "parte da desconfianza e dunha apreciación inicial negativa cara as persoas inmigrantes" e advirte que o alento dese tipo de actitudes con facilidade pode "acentuar na xenofobia".
Reproche á concepción "utilitarista" sobre a inmigración
De xeito máis belixerante aínda se expresan desde o sindicato UXT-Galicia, que considera que o PP está promovendo un concepto de integración "baseado na submisión e a desigualdade" que son "primeiro xerme do racismo" e fronte ao cal a sociedade debe reaccionar. Xosé Domingo Barros, secretario de Formación e Emprego do sindicato, considera que as administracións e os partidos deben tratar de contribuír á convivencia "de maneira positiva e non dar pasos atrás utilizando de novo a inmigración para poñer en cartel propostas populistas e xenófobas que a equiparan coa delincuencia".
No mesmo sentido, Mónica Alzate sinala que o PP está erosionando "oportunidades para a convivencia" poñendo en primeiro plano unha proposta que politicamente "só lle vai servir para captar os votos dos sectores máis extremos da dereita". "Tratan de relacionar a inseguridade en certas zonas coa presencia da inmigración", critica Alzate, denunciando que se estimule a desconfianza no canto de a integración. Ao fío, desde a UXT reprochan esa "presunción de culpabilidade" promovida por Mariano Rajoy. "Volven á idea utilitarista da inmigración que predominaba fai anos: que veñan, que traballen no que nos sexa útil, que coticen á Seguridade Social, pero que non se consideren parte da sociedade que contribúan a construír, que se volvan os seus países", analizan desde o sindicato ao respecto da iniciativa do PP.
Traballo e integración
De igual xeito, Melchor Roel, secretario de Inmigración do sindicato CCOO-Galicia, cualifica de "despropósito" a posición coa que o PP chega en materia de inmigración aos comicios de marzo. "Non só non achegaría nada á necesaria integración, senón que a fórmula xurídica para esta ocorrencia rozaría a inconstitucionalidade", indica.
Roel, insiste en que cando se dan problemas de integración, as máis das veces é unha consecuencia da situación laboral, "como por exemplo a segregación profesional á que están sometidos os traballadores inmigrantes, que son maioría nas ocupacións pouco produtivas e mal remuneradas que ademais sofren unha importantísima falta de dereitos laborais". A mesma idea sosteñen desde a UXT, salientando que o traballo "digno e de calidade" é o principal factor de integración para os inmigrantes, "xunto coa posibilidade de reagrupar os seus familiares".
Consideran desde CCOO-Galicia que situar os problemas de integración exclusivamente en clave cultural é "un grave erro". "Máis que nos preocuparmos por se lles teñen ou non que gustar os toros, deberiamos asegurar a súa integración na sociedade a través do emprego digno. Para todo o demais xa están as leis e a Constitución". Xa que logo, chaman a tratar con seriedade o fenómeno da inmigración e no canto de falar de "valores, costumes e tradicións" falar máis de "propostas rigorosas que atendan á situación socioeconómica".
wen a estes do PP ocorreselle cada cousa cando eles cheguen ao goberno(que agardemos que non que eu non quero outro ditador galego)pois censuraran as películas revistas e demais,disolvra as cortes e autoproclamarase como o segundo caudillo,atacara á oposición ate o exilio,impora o castelan con axuda de colectivos como galicia bi etc etc ;como di no seu anuncio todo isto e moito mais con Rajoy é posible.....
ONDE ESTARA GAIVOTEIRO????EN MADRID AXUDANDO A MARIANO????'hahahahh
O PP amosa a súa verdadeira "cara", xa o levan facendo meses, anos...pero e que algún día tiveron outra?. Aínda así non son ben listos, preto das eleccións aínda poderían disimular e tomar unha postura máis centrada, pero boh, millor non dar ideas...he,he.
O PP amosa a súa verdadeira "cara", xa o levan facendo meses, anos...pero e que algún día tiveron outra?. Aínda así non son ben listos, preto das eleccións aínda poderían disimular e tomar unha postura máis centrada, pero boh, millor non dar ideas...he,he.
Si será inconstitucional y xenófobo que es apoyada mayoritariamente por los españoles, según nos cuenta no ya el ABC o El Mundo, sino el propio diario El País:
http://www.elpais.com/articulo...
"Mariano Rajoy lleva semanas diciendo que serán las clases medias y humildes, "los que se levantan temprano para trabajar", las que le darán la victoria el próximo 9 de marzo. Con la vista puesta en ese sector social, teórico granero de votos de la izquierda, el PP lanzó hace cuatro días una de sus promesas estrella: la creación de un "contrato de integración" que obligaría a los inmigrantes a aprender castellano y costumbres españolas si quieren vivir en España. El anuncio ha sido tachado de xenófobo por el PSOE y varias ONG, pero, según el último sondeo-flash de Metroscopia para EL PAÍS, el 56% de los entrevistados apoya la medida (el 45% entre votantes socialistas). El PP recorta distancias en estimación de voto: está a sólo 2,9 puntos del PSOE."
Por otro lado, es obvio que los que aquí se expresan ni se han leído la propuesta, que es exquisitamente constitucional e integradora. Igual es que no saben leer...
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n...
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
será inconstitucional e xenófobo que é apoiada maioritariamente polos castelas, segundo cóntanos non xa o ABC ou O Mundo, senón o propio diario O País: nenos mal que nosqueda Portugal
"Mariano Rajoy leva semanas dicindo que serán as clases medias e humildes, "os que se levantan cedo para traballar", as que lle darán a vitoria o próximo 11 de marzo. Coa vista posta nese sector social, teórico celeiro de votos da esquerda, os Serbios xenófobos do PP lanzou fai catro días unha das súas promesas estrela: a creación dun "contrato de integración" que obrigaría aos inmigrantes a aprender castelán e costumes españois oleoleole se queren vivir en España. O anuncio foi tachado de xenófobo polas ONG, pero, segundo o último sondo-flash de Metroscopia para O PAÍS, o 56% dos entrevistados apoia a medida.
Doutra banda, é obvio que os que aquí se expresan son galegos leron a proposta, que é exquisitamente neonaci.
Xenófobo, lo que se dice xenófobo, es pedir los antecedentes penales de unos gitanos que quieren vivir en Monte Porreiro, Pontevedra, y cortarles luego el agua.
¿Quién ha sido el xenófobo que ha hecho esto?
El alcalde de Pontevedra, el millonario Lores, del BNG, el mismo partido que se niega a condenar el nazismo.
http://www.lavozdegalicia.es/p...
Miúdas fontes traes: El País, La Voz de Galicia...
A min tráeme Fontecelta ou Mondariz.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Premede o "link" onde diz "Nao alimente aos trolls"...Obrigado (e deixade-o que tolee ele sozinho...que o fai caralhudamente)
Quen é ese Gaviotero?
Quen lle responde?
Seica fai preguntas?
Eu pasaba por aquí e atopeime cun tolo que anda dicindo "nacis, totalitaristas"...
Vin o seu avatar, e díxenme "Xa hai que estar ben fodido para falar así dos seus xefes"
Non che preocupes Maeloc, que o troll xa se alimenta el só cos artigos e as noticias de Vieiros e abúrrese bastante porque aquí ninguén fala ben de Zapatero, personaxe que lle crispa os nervios, como demostra nun blog que ten por aí.
Ainda que de cando en vez gústame tirarlle unhas migiñas. Porque tamén temos que rirnos un pouco non?