Venderon os terreos pensando que ían, entre outras posibilidades, "para un couto de caza" e sen saberen que se ía construír un macropolígono de vivendas.
Ademais de defender a "legalidade" do proceso de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, o alcalde deste municipio, Manuel Brañas Abad (PPdeG), comunicou de que o concello puxo en marcha unha oficina de información onde os veciños poidan informarse polo miúdo sobre o planeamento urbanístico. Brañas Abad convida "a quen se poida sentir afectado" a presentar alegacións, subliñando que os técnicos vanas estudar e que se incorporarán "as que proceda".
O rexedor di que a oposición sabía do plan e que calou até a precampaña
Nun comunicado enviado aos medios este sábado, Manuel Brañas Abad atribúe as críticas da oposición de PSdeG e BNG ao próximo comezo da campaña electoral. Ao fío, insiste en que socialistas e nacionalistas "non rexeitaron o documento de aprobación inicial na sesión plenaria de decembro, senón que o seu voto foi a abstención".
O alcalde confía en que o proxecto non terá atrancos na Xunta e opina que contribuirá a virar o "estancamento de poboación que sofre o concello nas últimas décadas", dándolle "un novo pulo ao municipio.
Terreos adquiridos mentres non se coñecía o proxecto real
Segundo fontes consultadas por Vieiros, a veciñanza asistiu entre a sorpresa e o desconcerto ao proceso de adquisición dos terreos, onde participaron diversos intermediarios locais. En ningún momento chegaron a saber os donos iniciais que eses espazos ían ser recualificados estabelecendo o municipio a súa condición urbanizábel. Xa que logo, os veciños daban por bos os baixos prezos e as especulacións sobre os posíbeis usos do conxunto de 300 hectáreas ían desde un posíbel couto de caza até un campo de golf.
Ao respecto, desde o grupo local do BNG sosteñen que se trata dun "pelotazo" argallado a través do "engano" aos veciños e explotando a boa fe dos propietarios dos terreos.
Tamagos (Verín). Compra de terreos aos veciños, como paso previo á expropiación, por parte de Xestur, sociedade intermediaria da Consellería Vivenda e Solo (do BNG), para construcción de parque empresarial (non hai engano). Pero pagan como rústico (de 5 a 11 euros/m2) chao que posteriormente recalificarán como industrial para vendelo a un mínimo 80 euros/m2.
Claramente un pelotazo!, institucional, amparado polo partido que se considera a si mesmo defensor dos intereses dos labregos.
No caso da noticia, en Aranga, o máximo que chegaron a pagar foi a 4€, iso na menor parte. A maior parte do solo foi comprado a menos de 1€, e en varios casos baixo amenazas, chegando incluso a agarrar das solapas a propietarios dicindolles que si non vendian que yo expropiarian a menor precio ou que as suas escrituras non eran válidas e que se quedarían sen nada.
Mentres tanto o Sr. Alcalde a pesar de coñecer as suas artimañas premia a esta sociedade de chupe e engode, facendo un plan a sua medida, quitando solo urbanizable do antiguo plan e concentrandoo para favorecer a esta sociedade. Ademáis de recalificar fincas rústicas como urbanas, dos edís do PP e os seus familiares.
Dous de estos edís xa dimitiron ó ver o que estaban a facer.
Por outra banda o Sr Alcalde convida a que os veciños que non estén de acordo a que vaian a oficiña que instalaron con este fin. Eu persoalmente fun e ó que me informaron e dixen as reclamacions que queria facer dixeron que podían tramitalas pero que non servirían de nada.
Pois nada que as mafias urbanísticas se desprazan ós lugares onde e sinxelo mercar a certas personaxes da politica. Sempre ocurriu e sempre será así. "Esas comilonas de sua Señoria na casa do empresario"