Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ducias de cazadores "clandestinos"

As escopetas seguen nos montes malia que legalmente a tempada de caza acabou

A Federación Ecoloxista Galega denuncia celebración de diversos campionatos que non contan cos permisos correspondentes.

Redacción - 09:00 11/02/2008
Tags: caza FEG

Membros da Federación Ecoloxista Galega, FEG, advirten de que a Federación Galega de Caza organizou para esta fin de semana dous campionatos, un este sábado no municipio lugués de Navia de Suarna e no que participaron máis de 200 cazadores, e outro este domingo na localidade pontevedresa de Vila de Cruces. Sinalan os ecoloxistas que debido ao carácter "clandestino" dos dous eventos é difícil saber aínda cantos cazadores participaron.

A FEG critica que dende o colectivo de cazadores se trate de convencer a poboación dicindo que "eles son os maiores ecoloxistas" ao tempo que episodios coma este "demostran que non é certo". Por isto, solicítanlle á Xunta que deixe a política de "ceder a xestión ao colectivo de cazadores", e tome "máis en serio" a xestión destas actividades nas que se pon en perigo, non só á natureza senón as propias persoas. Recordan os ecoloxistas que este tipo de prácticas poñen en perigo tanto ás especies, que na súa maioría están en plena época de celo e cría, coma á poboación en xeral que queira exercer "uso e goce" dos montes na fin de semana.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: