Hai quen considera que a crítica chegou "a insulto" e a Policía Local do Grove denunciará unha comparsa por inxurias.
A Policía do Grove vai denunciar unha comparsa do Entroido 2008 por presunto delito contra a honra deste departamento local. Baixo as acusacións de inxurias, os axentes denunciaron as coplas entoadas por Os da criba na súa contra. O concelleiro de seguridade cidadá, Alfredo Bea, considera que nestas festas o propio e a sátira e a crítica, mais que nunca debería chegarse ao insulto.
Os axentes foron insultados nalgunha das letras cantadas pola comparsa. Posteriormente, no concerto do sábado de entroido no pavillón do Grove, tamén se contou coa presenza da comparsa Os da Criba, pero a letra da canción xa non era a mesma, xa que se lle retiraron as palabras malsoantes.
O concelleiro de seguridade cidadá, Alfredo Bea, denuncia este feito, xa que “o entroido é unha época de retórica, lírica, crítica..., pero sempre dentro duns límites, non se pode chegar ao insulto”. Tamén indicou que o público non se puxo a favor da comparsa, xa que no concurso, os integrantes da formación foron moi criticados polas súas letras.
Debido a estes feitos, está previsto que o vindeiro ano se analicen as letras das comparsas antes de que sexan cantadas ante o público. “Non é censura, pero as críticas non poden pasar polo insulto”, sinalou Bea.
E despois q virá, o comedimento para non molestar a ninguén, os bos modais para ser politicamente correctos, as boas maneiras para demostrar o educadiños q somos ao mundo?
O entroido é o entroido!
"Los agentes de la autoridad" são "intouchables" (de Eliot Ness? O do lago inglês?). Mas essa "autoridad" é representante nossa (segundo dizem dos "democratas" que nos governam): Portanto, burlar-se dos "agentes de la autoridad" equivale, em definitivo, a burlar-se dum mesmo, de nós... E quem nos pode impedir que nos burlemos de nós? Ou é que isto da democracia é um conto cada quatro anos?
No Grove sempre acaban comparsas -quen non lembra a grande Faneca Esfameada- nos xulgados por medio das "autoridades": sempre do lado BÓ, que nin un día poden quedar MALPARADOS VERBALMENTE?
Non mo podo creer. Enteraréime.
O Ness non é inglés, é escocés...
Os do uniforme NUNCA TIVERAM SENTIDO DO HUMOR.
No entrudo, tudo é máscara. Não se pode denunciar a sério umas "mascaritas", purdió...