Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Duelo de adestradores galegos

Juan Veiga (Racing de Ferrol) versus David Vidal (Elche)

A loita polo ascenso a primeira chega este domingo á Malata. Os de Vidal queren subir, aos de Veiga chégalles con permanecer.

Redacción - 12:45 12/02/2008
Juan Veiga

Juan Veiga

Juan Veiga, o adestrador do Racing de Ferrol pediu esta semana o apoio da súa afección para superar ao Elche de David Vidal, e poder evitar os postos de descenso.

Os de Ferrol xa lle gañaron ao Elche na súa casa, e os puntos gañados na Malata contan moito. Ademais, no último partido, contra As Palmas, o empate sóubolles a pouco aos xogadores racinguistas, que agardaban traer máis puntos para a casa. Unha vitoria teríaos sacado dos postos de descenso.

Pero do outro lado están os intereses dos de David Vidal, que está conseguindo que o seu equipo se manteña nos postos de ascenso a Primeira; unha posición que han querer defender con forza.

O partido será o domingo ás 17:00 horas na Malata. Retransmíteo Localia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: