Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROMOVIDOS POR DEPARTAMENTOS DO BNG

A Fegamp rexeita as leis de Vivenda e de Servizos Sociais

Segundo o presidente da federación, o Goberno non negociou cos concellos nin tivo en conta a autonomía municipal.

Redacción - 19:10 12/02/2008
Carlos Fernández, presidente da Fegamp e alcalde de Ames

Carlos Fernández, presidente da Fegamp e alcalde de Ames

A Fegamp rexeitou este martes os proxectos de Lei de Vivenda e de Servizos Sociais, ambos os dous impulsados polo BNG, ao considerar que "atentan contra a autonomía municipal". O presidente da federación, o socialista Carlos Fernández, dixo da futura Lei de Vivenda que podería "colidir" cos plans de ordenación urbanística dos concellos.

Como mostra, Fernández afirmou que o Decreto de Habitabilidade interfire co límite de altura máximo aprobado en plans municipais. Tamén dixo que era "desproporcionada" a reserva do 40% dos inmóbeis para vivenda protexida. A comisión executiva da Fegamp aprobou un informe preliminar sobre o anteproxecto da Xunta para "abrir un espazo de diálogo" co departamento que dirixe Teresa Táboas.

Na mesma liña, Carlos Fernández lamentou que a Vicepresidencia redactase o anteproxecto da Lei de Servizos Sociais "de xeito unilateral" e pediulle ao Goberno que "non pase do poder local nin o entenda como subsidiario seu". Porén, negou que os concellos se opoñan a destinar o 7% do orzamento a servizos sociais: "Case seguro que os municipios superan esa porcentaxe porque son o substento básico para a prestación de servizos sociais".

Para o presidente da Fegamp, "o que se discute non é unha contía maior ou menor, senón que se interfira nos presupostos dende unha administración que non é superior dende unha perspectiva xerárquica".


1,25/5 (4 votos)

Comentarios (4)

Sabrexo #1 12/Febreiro/2008 Sabrexo

A min paréceme ben que se atente contra a soberanía municipal en asuntos como rematar coa figura do alcalde-promotor que toleran PP e PSOE ou estabelecer porcentaxes mínimas de solo protexido.

outrolector #2 13/Febreiro/2008 outrolector

Eso da defensa da "autonomía municipal" soa moi ben pero non se hai que pasar nin de listo nin de inxenuo. Por sentido común están antes os intereses xerais do país que as decisións dos concellos, decisións que dado o nivel que hai nas corporacións municipais ao meu parecer teñen moi baixa calidade técnica e adolecen de personalismos ou plantexamentos visionarios (no mellor dos casos; no peor sectarismo ou derrotismo - ti vai facendo...).

Estaría moito mellor que os concellos fosen excelentes e dilixentes xestores e administradores das infraestruturas e dos servizos cercanos ao cidadán, do día a día; quero dicir, canto máis bó sería que dedicasen as súas enerxías a iso, e non a defender esa vaguedade da "autonomía municipal" fronte a planeamentos máis de país ou de caracter xeral, que parece aparente que deben ir no soldo do goberno galego.

Tino #3 13/Febreiro/2008 Tino

Este franco-tirador do ppsoe con carita de niño bueno pero un poco traviesillo.... Por que non vai en contra da lei do ppsoe dos 500 metros?
Mentres o bng apoio sen fisuras o psoe de vigo, estes como Orrorozco e Fernandez dedícanse a dinamitar todo o q propon o bng.

RuadeFrancos #4 13/Febreiro/2008 RuadeFrancos

O sociolisto de Ames, é moito....este home ten o ego dun tamaño que lle sobra para acoller todas as urbanizacións nas que estivo implica a empresa para a que traballaba? en Ames. Pero decir que a lei de servizos sociais foi unilateral??????? cando tivo o proceso de participación mais longo e completo que se lembra un nun proceso deste tipo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: