Coas xerais no horizonte, o rotativo parisiense bótalle unha ollada política ao noso país a partir de dúas 'premisas': a galeguidade de Rajoy e o auxe do BNG.
O diario parisiense é dos máis difundidos en Francia
O diario francés Le Monde publica este martes na súa edición de papel unha reportaxe sobre a situación política que se vive en Galiza, ao abeiro das eleccións xerais do 9 de marzo.
A xornalista Marion Van Renterghem, enviada especial en Compostela, fai fincapé en dúas cuestións básicas sobre as que elabora a súa análise.
En primeiro lugar salienta a negativa do líder do Partido Popular español e candidato dos conservadores á Presidencia, Mariano Rajoy, a falar galego, mesmo cando fai campaña electoral no noso país.
Porén, a reportaxe cualifícao de "galego de pura cepa": "Se as eleccións lexislativas do 9 de marzo levan ao seu partido ao poder, Mariano Rajoy sería o segundo galego que dirixe o país, despois do xeneral Franco".
Aínda que tamén fala del como representante da "esfera da dereita fortemente centralizadora, españolista, tal como o orientou o antigo xefe de goberno José María Aznar no curso do seu segundo mandato".
Conciencia nacional
A reporteira de Le Monde contrapón a actitude de Rajoy coa situación que se vive en Galiza, onde -malia que, tal e como recalca, "non hai movemento independentista, contrariamente a Cataluña e, sobre todo, a Euskadi"- un partido nacionalista "paradoxalmente de esquerda nunha terra de dereitas" ten responsabilidades de goberno e "engorda".
"A conciencia nacional, en Galiza, é máis cultural e máis sentimental ca ideolóxica. A relación con Madrid non é conflitiva coma en Cataluña e en Euskadi, e o partido nacionalista, de orixe rural e non burgués, é menos organizado e menos influínte", escribe Van Renterghem.
Tamén, afirma, "a lingua non é obxecto de fixación". Neste senso, recolle as declaracións do secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, onde afirma que "aquí, cada un fala a lingua que quere ", mais sinala que actitudes como as de Mariano Rajoy non son "un triunfo para o PP de Galiza".
Reforma do Estatuto
Outro dos exemplos que o diario Le Monde toma para ilustrar esa 'bipolaridade' galega é o fracasado intento, o ano pasado, de reformar o Estatuto de 1981 a causa 'dunha' palabra: "Ningún discute a ampliación de competencias que autorizou a Constitución de 1978 (...) Mais o bloqueo produciuse a causa dunha controvertida palabra: nación".
"O BNG quería, a exemplo de Cataluña, inscribilo no preámbulo para definir Galiza. O PSdeG-PSOE aceptábaa recordando a denominación oficial de nacionalidade histórica . Para o PPdeG, era un casus belli: a palabra 'nación' só se lle aplica a España".
Por último, o xornal francés -próximo á socialdemocracia- fai unha loubanza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, do que di deixa a un lado o debate sobre a "famosa cuestión nacional", e "pon a énfase nos proveitos económicos que Galiza tirou do goberno Zapatero", tal como conseguir "o 8 % do orzamento español" ou "o recente aumento das xubilacións máis baixas".
"tentación nacionalista", expresión negativa e todo o artigo está feito por alguén cunha certa empanada mental, colleu de aquí, de acolá e nada máis, moi frouxo. Non entendeu a Galiza nin ao pobo galego, ben, como a maioría dos xornalistas estranxeiros. Que bien sabe el marisco y qué bueno es el yate que tengo espetado en Puertonuevo.
um pormenor, é LA Galice ;)
enfim, nem é certo que nom exista um movimento independentista, nem que o movimento nacionalista seja de origem rural, mas bom...
«tal como lle orientou o antigo xefe de goberno José María Aznar»
Tal como O orientou. Cuidemos mais a língua...
nem é certo que o BNG seja de esquerdas, nem que a palavra "nación" bloqueara o estatuto, nem que Mariano Rajoi seja galego, nem o "auxe do BNG"
O BNG vá em retrocesso, e nem seguera o voto "útil anti-Rajoi" evitará o "voto de castigo" com que os seus votantes tradicionais vão premiar a estupenda política que está a fazer...
Pois se o raxoi non kere falar galego, q o metan nas escolas da Espe aguirre e aprenderá o catalán para falalo na intimidade... con algun catalán?
son arredista, falo en galego, son d vigo e non teño ningunha relacion co mundo rural. menuda reportaxe mais ben documentada que fixeron os dese xornal
A xornalista non esta moi informada e da unha definición moi pobre da situación política galega, en iso estou de acordo.
Non estou de acordo con quen pretende ou quere que o BNG teña menos votos, cousa que pode ser.Eu non atopo outra opción política que votar e que me represente alí onde seña.
O voto de castigo non e para o BNG e para a GALIZA querido mceleiro.OU e que queres que gobernen o PSOE e PP ?.Vos entendo bastante ben, máis coido que vos non entendedes aos galegos, e digo aos galegos non ao BNG.