Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cando era ministro da Gobernación

O parlamento vasco cita a Fraga pola morte de cinco traballadores en 1976

Ademais chama a comparecer a Martín Villa. Ambos tiñan responsabilidade na seguridade do Estado cando tiveron lugar os sanguentos sucesos do 3 de marzo.

Redacción - 14:27 13/02/2008



A comisión especial do parlamento de Euskadi que estuda os sucesos do 3 de marzo de 1976 en Vitoria-Gasteiz solicitou a comparecencia ante esa comisión de Manuel Fraga Iribarne e Rodolfo Martín Villa, os políticos do réxime que daquelas tiñan responsabilidade na seguridade e nas policías, segundo informan varios medios vascos.

Nos sanguentos sucesos ocorridos aquela data na capital alavesa morreron cinco obreiros durante unha carga policial e varias persoas resultaron feridas na igrexa de San Francisco de Asís.

Na terceira xornada de folga que os obreiros convocaban para protestaren polos axustes salariais previstos, decenas de miles reuníronse nas inmediacións do templo en asemblea.

A Policía, metralletas e pistolas en man, desaloxou forzosamente a igrexa. Cinco traballadores morreron e un centenar resultaron feridos de bala.

Catro meses despois da morte de Franco
Tan só pasaran catro meses dende a morte de Franco. Presidía o goberno do Estado Carlos Arias Navarro, e o ministro do que entón se chamaba a Gobernación era o tamén ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, e de Relacións Sindicais, Rodolfo Martín Villa.

Un boletín policial interno da época pon de relevo o temor a que a folga se estendese e acabase co co goberno de Arias Navarro. A dureza coa que actuou a policía podería responder a estes temores.


5/5 (18 votos)

Comentarios (10)

Carluos #1 13/Febreiro/2008 Carluos

Ademais dos cinco mortos da igrexa de San Francisco de Asís, falta a responsabilidade na execución de Julián Grimau, a implicación na morte de dous simpatizantes do Partido Carlista nunha manifestación pacífica, e a investigación sobre o vencellamento con grupos terroristas arxentinos de extrema dereita, e a colaboración con grupos terroristas españois como o Batallón Vasco Español e os guerrilleiros de Cristo Rei...

AGIL #2 13/Febreiro/2008 AGIL

Não serão todas estas ações do parlamento basco constitutivas de ilegalização? Não atentam contra a "unidad de la patria" que tão bem defenderam e defendem os fragas e os martinvillas? Para além, não foram amnistiados, se algum delito comentaram (que não comenteram), pela lei de amnistia?
E, se algum delito cometessem, não foram absolvidos nas urnas? Essa é a doutrina do pEpE.
Por outro lado, reclamarão também a presença do felipito pelo do GAL? E dos outros socialistas encarregados desse grupo não-terrorista (o TS disse), mas matador?

Garrano #3 13/Febreiro/2008 Garrano

Eu vexo neste "movemento de ficha" dende o parlamento vasco unha reposta intelixente. Un aviso para navegantes para os que queren xudicializar a poítica e impulsan a doutrina da terra Queimada para co problema vasco.

ecoe #4 13/Febreiro/2008 ecoe

A SOMBRA DO FRANQUISMO É BEN ALONGADA E SOBREPASA HOXE.

O maior responsable dos crimes da denominada "tra(ns)ición" é o extremista de nefasto nome de Martin Villa.
(Grimaldos expón nos seus libros as suas fazañas)

mceleiro #5 13/Febreiro/2008 mceleiro

O Garzon esse poderia ter muuuuuuuuuuitos Pinochets sem ir à Inglaterra....

Mas agora estão "pasados de moda". Esta temporada o que "se lleva entre los jueces estrella" é os batasutos-eta.

Barcelos #6 13/Febreiro/2008 Barcelos

Estou asombrado do rápido que é a xustiza neste país.

Imaxínome que é unha resposta ao do xuíz Garzón, ou máis concretamente á condena de Atutxa.

Pois fan ben. Se queren xustiza, haberá xustiza para todos.

Tino #7 14/Febreiro/2008 Tino

Gostariame ver a min os responsábeis da morte de Moncho Reboiras, de varios traballadores mortos en Vigo creo lembrar tamén nos 70, por non falar dos centos de feridos na época González (a ese paxaron tamén o habia de meter no trullo).

Gaviotero #8 14/Febreiro/2008 Gaviotero

¿Este Parlamento Vasco no es el mismo que tuvo a un terrorista como Josu Ternera como Presidente de la Comisión de Derechos Humanos? En fin, algunos miserables con tal de no investigar el terrorismo que tienen en sus propias narices son capaces de investigar hasta al hombre de Atapuerca...

patarruxo #9 14/Febreiro/2008 patarruxo

Nunca pensara nese calificativo para D. Manuel Fraga, pero a verdade é que queda simpático, "hombre de Atapuerca"

luisfoz #10 14/Febreiro/2008 luisfoz

A todo ... lhe chega o seu Sam Martinho. Para quem quiger complementar a sua informaçom sobre este sujeito recomendo-lhe o excelente livro de Gustavo Luca "Fraga. retrato de un fascista" publicado em 2.001

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: