Que mude de parecer dependerá do número de países de toda a comunidade internacional que o fagan, en particular Serbia, Rusia, Bosnia e o mundo árabe.
O Estado Español non recoñecerá Cosova nin estabelecerá relacións diplomáticas co novo Estado polo menos "a curto ou medio prazo", segundo informaron fontes diplomáticas españolas á axencia de noticias Europa Press.
O goberno advirte de que a declaración unilateral de independencia de Cosova carece de "base xurídica internacional", e cualifícaa de "sui generis": non vai entrar na ONU, non vai ter Exército (as únicas tropas serán as da OTAN), e os seus policías e xuíces vainos achegar a UE. Máis que un estado independente, Cosova será unha especie de protectorado, afirman.
O Estado Español non ten tradición de recoñecemento de estados, senón que os recoñece de facto estabelecendo relacións diplomáticas a través dun intercambio de notas verbais, tal e como ocorreu no caso de Montenegro.
A diferencia entre Montenegro e Cosova, para o goberno español, é que o primeiro foi país, aínda que por poucos anos, a principios do século XX, e a Constitución de Serbia e Montenegro recollía seu o dereito á autodeterminación.
O caso de Cosova, subliñaron, 'é único, non ten precedentes na historia das relacións diplomáticas' dado que se trata de 'unha provincia dun Estado membro de Nacións Unidas que vai proclamar unilateralmente a súa independencia'.
Condicións
Se nuns meses houbese unha maioría de países que recoñeceron Cosova e se comproba que na rexión non se produciron conflitos, o Estado Español podería mudar a súa postura, tendo moi en conta a posición de Serbia, Rusia, Bosnia-Herzegovina e o mundo árabe.
O recoñecemento de Cosova como Estado independente non virá da UE, senón de cada país membro a título individual. Algúns poderían anunciar o vindeiro luns -no Consello de Asuntos Xerais e Relacións Exteriores dos vintesete ministros de Exteriores- que están preparados para recoñecer a súa independencia. É o caso de Alemaña, Dinamarca e Reino Unido.
A maioría dos estados membros da UE son favorábeis ao recoñecemento do novo Estado, aínda que moitos precisan dunha autorización parlamentaria, como Bélxica ou Italia. O español, xunto con Chipre, está entre os máis reticentes.
De onde sae a fonte desta nova? De ser así, por que o estado español XA ten un consulado en Prishtina, establecido despois de 1999 mentres segue sen ter respresentazón diplomática en Macedonia -depende de Sofía, porén os cidadáns macedonios precisan de visado para Bulgaria- e Montenegro -en Begrlado???????? Un pouco máis de seriedade coas novas sobre Kosovo, por favor!
Ai lhes doe.
#1, e possivelmente as empresas ejpañolas já terão os seus planos de exploração daquele pais, mas estamos em campanha, hom! Não existe o direito de autodeterminação dos povos, não é?
#3 que van ter se en Kosovo non hai xa nada que non estea repartido. Onde si hai investimentos importantes (estradas, infrastrutura urbana...) é en Serbia. Interesan máis outras cousas. Abofé que España ha recoñecer Kosovo porque precisa de deportar aoss albanokosovares que prende roubando apartamentos e naves industriais... O que pasa é que Vieiros, para algunhas cousas, é algo sensacionalistas.... ou non?
O Reino Unido vai recoñecer a independenza de Cosova.Tería que ter o mesmo medo que tén o estado español de que logo se lles independize Escocia,Gales ou Cournalles.
Hoxe escoitaba a un ministro español (coido co de exteriores)dicir a mesma canzonciña de sempre.Que non é o mesmo Serbia (en relación a Montenegro ou Cosova)que España (en relación coas súas nazóns).QUÉ MEDO QUE TÉS ESTADO ESPAÑOLISTA !!!
#5 Cando no seu día presentaron o plan Ahtisaari, eu comentáralle a un colega na Galiza que llo ía mandar traducido a Quintana -daquela estaban a negociar o novo estatuto- para que se deixase de lerias e aprobasen ese "modelo" estatutario xa que había uns días o ministro Moratinos dixera que o plan Ahtisaari "non era soberanista". Poderiámolo entón nós pór en práctica....
Euskádi (e Catalunha...) gravitam sobre o reino bourbónico... Contudo, se a indepenência (dependente) é declarada, veremos que os governo saído das eleições "democráticas" do 9-M reconhecerá esse novo estado. Fá-lo-á por ordm superior... E imediatamente dirá que não é o caso nem de Euskádi nem de Catalunha: Estes foram reinos até 1516 e até 1614, respetivamente...
As leccións dos Balcáns nos últimos 20 anos:
Eslovenia: estado independizado en 1991. Foi independiente 10 días en Novembro de 1918.
Macedonia: nunca foi independente ate 1991. Grecia non o recoñece como estado de seu.
Montenegro: reino independente até 1918 dende 1878.
Kosovo: nunca foi un estado independente, senón que o maior grao de autonomía que tivo foi entre 1974 e 1991, como provincia serbia -grao de autonomía menor ca Galiza hoxe en día. Nin haberá referendo nin "a outra parte" (é dicir, Serbia) votará ou decidirá ao respecto.
Galiza: reino de iure ate 1838. Revolta en 1848, grao de autonomía superior ao de Kosovo. Coa legalidade que vai sentar o precedente kosovar, guste ou non, non haberá razóns para denegar unha suposta independencia de nacións sen estado en Europa. E iso é inegábel. Outra cousa é que para que se leva adiante un proceso de independencia o único factor importante é ser amigo dos EUA.