Vicepresidencia, o Concello da Coruña e A Mesa pola Normalización Lingüística organízano para "promover a cultura e a lingua galegas e activar a solidariedade e o intercambio cultural".
O programa foi presentado polos seus promotores esta cuarta feira, e entre os seus obxectivos está o de conseguir facer novos galego falantes, darlle pulo á estimación da lingua, así como ao seu uso cotián.
As persoas que queiran participar poderán apuntarse nunha das dúas categorías que recolle o programa: voluntarios ou activos.
Ademais, vanse poñer en marcha 12 puntos de activación lingüística, nos que os interesados poderán informarse e inscribirse: as 6 bibliotecas municipais, as asociacións de veciños de Monte Alto, Agra do Orzán e Os Castros, a entidade xuvenil Xacarandaina, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o Centro Municipal de Información Xuvenil.
Na web Valingua.org pódese achar toda a información.