Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIOS DA ACADEMIA

Luar na Lubre pode ser o mellor álbum de música tradicional do Estado

O Projecto Miño de Baldo Martínez opta ao premio ao mellor álbum de jazz, TAB ao de mellor disco de rock alternativo e Deluxe ao de mellor traballo de pop alternativo.

Redacción - 11:55 14/02/2008

Os premios das 28 categorías creadas pola Academia da Música entregaranse en Valladolid o vindeiro 3 de abril. Galiza terá este ano oito candidatos, tres deles no premio á mellor canción en lingua galega, ao que optarán o Aiché de Mercedes Peón, o Ollos de Sal de Xosé Manuel Budiño e Antón Reixa e interpretado por Xoel López, e o Canto de andar de Luar na Lubre, composto por Bieito Romero.

Precisamente Luar na Lubre opta a outro galardón, o de mellor álbum de música tradicional do Estado por Canción da fin da terra. Nesta categoría terá que competir con AS-SIRR, de Luis Delgado; Canciones populares del siglo XVI. Francisco de Salinas, de Joaquín Díaz; e Classics catalans..., de Marina Rossell. Tamén está nominado Carlos Núñez na categoría de mellor álbum de fusión por Cinema do mar. Tera que superar a 07 Instrumental, de Joan Bibiloni; Armonitango, de Antonio Serrano; e Con otro aire, de Chambao.

Jazz, pop e rock
O premio ao mellor álbum de jazz tamén podería vir para Galiza se O Projecto Miño de Baldo Martínez gáñalles a 50 años de Europa-50 años de jazz, de The All Star's Blues Band; Colina, miralta, sambeat, de Perico Sambeat Trío; e ao Live at the village vanguard, de Bebo Valdés e Javier Colina.

No apartado de rock alternativo, son candidatos Triángulo de Amor Bizarro, que terán dous rivais xa consagrados, con máis dunha década de éxitos detrás, como Los Planetas e Lagartija Nick, ambos grandinos. Finalmente, Deluxe opta a outro premio, o de mellor disco de pop alternativo por Fin de un viaje infinito, co que competirá contra Marlango e Sidonie.


4/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: