A revista analiza as recomendacións de voto da Conferencia Episcopal e incorpora unha sección de 'Porno Galego' realizada por Camilo Franco.
Precisamente cando remata o Entroido, Retranca lanza o seu cuarto número, dedicado ás festas de Don Carnal e á recomendación de voto realizada pola Conferencia Espiscopal hai unhas semana. "A igrexa quita a máscara" encabeza o novo da revista, que foi presentada este venres en Marín no Museo Manuel Torres.
Ademais, publica un especial Entroido Electoral, analizado polo habitual equipo de expertos de Retranca: Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Leandro, Kiko da Silva ou Andrés Meixide. Ademais, a publicación analiza en Galien "o retorno de Paco Rodríguez á Terra".
Finalmente, incorpora unha nova sección realizada por Camilo Franco, no que reivindica o porno galego.
Moi bo o debuxo. Pon a máscara Rouco que dás medo.
Esperemos que a Igrexa non teña tanto poder como o Rei e non vaian condenar aos debuxantes.
Eu vou votar a fumeiro, para ver se se pode volver fumar no traballo e non ter que pasarme todo o día na porta, pois xa me preguntaron canto cobro.