Co 0,9% dos votos, unha décima máis ca en 2004. O PSOE (40,2%) gañaría as eleccións, mais o PP (38,7%) reduciría distancias.
O PSOE gañaría as eleccións xerais o 9 de marzo cunha vantaxe de 1,5 puntos sobre o PP, que se traduciría nunha diferenza de entre 1 e 10 escanos no Congreso, segundo os datos de estimación de voto do Centro de Investigacións Soolóxicas (CIS), publicados este venres.
O BNG pola súa parte conseguiría unha décima máis ca nas eleccións de 2004, o que lle permitiría manter os dous escanos cos que conta na actualidade. Ademais, superaría a Coalición Canaria, polo que pasaría a ser a sétima forza política máis votada do Estado.
IU, co 5,8%, sería a terceira forza política, con entre 5 e 6 escanos, e veríase superada en número de escanos por CiU, PNV e ERC. Así, CiU obtería 10 escanos (3%); o PNV, 7 (1,7%); e ERC, 6 (2,1%).
Por detrás do BNG ficarían Coalición Canaria con 1 ou 2 parlamentarios (0,6%); o novo partido Unión, Progreso y Democracia, 0-1, (0,6%); Eusko Alkartasuna, 1, (0,4%); e Na-Bai, 1, (0,3%).
De non ser polo voto emigrante o BNG podia ter un mellor resultado electoral. Pois todos sabemos que ese voto non ten ningunha garantia e sempre vai parar a mans do PP e Psoe que son os partidos estatais e por tanto os que "pagan as pensions" e sanidade.
¡Magnífico! El PP recortando sus distancias en las encuestas hasta llegar a tan solo 1,5 puntos de diferencia. En un mes, ¡a gobernar!
PD: Ya le gustaría al BNG conservar sus dos escaños. Con suerte, mantendrán uno...
Gavioteiro, o BNG non so vai conservar os dous senón que ten moitas posibilidades de chegar ao 3º. Esta enquisa está feita sobre o total de poboación do Estado Español, e o BNG compite polos escanos so no noso país, Galiza. Por ese motivo a enquisa ten un marxe de erro con respecto a esto bastante grande. Do que non hai dúbida é da subida do BNG, mal que che pese.
Pouco a pouco o pobo galego terá que ir creando futuro. O próximo paso é afianzar outro partido galego (pois o PSdG e PP non o son) cunha ideoloxía antagónica ao BNG no panorama electoral.
Saude
O PP non goberna nin gharto de ghrifa... Rajoil á casiña e a gaivota vai amolarse porque os nacionalistas e independentistas van ser DECISIVOS.
Os cálculos das enquisas fanse tendo en conta os escanos a nivel provincial, senón IU sairía nas enquisas con 10-12 escanos.
Non sería estrano que o BNG mantivese os 2 que ten, en Lugo e Ourense é case imposíbel que saquen.
Con respecto do dos emigrantes, o problema non é xa a quen voten, senón que non contan á hora de decidir o número de escanos por provincia. Se os contasen, Galiza tería cando menos un par de deputados máis.
E o PP non gaña as eleccións nin de coña, eu penso que o PSOE segue a estratexia (que por outro lado dixo ZP) de meter tensión e vender que as cousas van igualadas para mobilizar electorado. De feito, eu penso que como o PSOE teñ bos resultados en Madrid, van andar por riba dos 165 escanos
Publicação: 15-02-2008 22:04 | Última actualização: 15-02-2008 22:04 Zapatero admite que lhe interessa a tensão políticaPrimeiro-ministro espanhol apanhado a revelar técnicas de campanha menos éticas José Luis Zapatero admite que utiliza a tensão e dramatização como armas políticas. Numa conversa no final de uma entrevista, o primeiro-ministro espanhol foi apanhado a revelar técnicas de campanha menos éticas.
SIC
Alguns políticos esquecem-se que dentro de um estúdio de televisão há câmaras e microfones sempre ligados.
No fim de uma entrevista à estação de televisão Canal Quatro, o primeiro-ministro espanhol confessou ao entrevistador que as sondagens lhe davam bons resultados, mas que era preciso criar tensão e dramatização.
Técnicas que Zapatero pretende, ou pretendia, usar durante as três semanas de campanha para as legislativas. O vídeo foi divulgado na Internet, no YouTube e não demoraram a aparecer reacções da oposição.
Zapatero criticou várias vezes o PP, principal partido da oposição, por criar situações artificiais de tensão política na sociedade espanhola.
Entretanto o Canal Quatro já veio desvalorizar as declarações do primeiro-ministro espanhol.
http://sic.sapo...
Gostaríame que gañase o Raxoi só para ver as facianas dos sociatas aínda que estes sexan ¨o mal menor¨ para a nosa Galiza ocupada polos españolistas.Independenza !!!
Pois eu desexaría unha victoria mínima do PP (mal que me pese)
Sería entrañable ver como se someten de cote a unha pertinaz sodomización por parte dos partidos nacionalistas ó berro de "esta poltrona é miña e daquí non me move nin a Santa Inquisición"
Rajoy falando galego (si é que sabe) no Parlamento, Abeces quitando ferro ós gamberretes que votan ó partido que apoia (ou eso dicían) ó Movemento de Liberación Vasco, Zaplana negociando con Ibarretxe o libro de ruta (folla é pouco). Catalunya, Euskadi e Galiza recoñecidas como seleccións nacionais coa inestimable axuda do PP, que solicitou ós organismos o seu recoñecemento e facilitou a aceptación parlamentaria co seu voto favorable. Galego, basco e catalán como asignatura optativa en toda españa (con minúscula, co voto favorable do PP, para non molestar).
¿Que non é posible? Jajajaja. Isto e máis é posible e a min me gustaría estar alí para ver como o que era o veleno do estado pasa a ser a virtude, como os dialectos pasan a ser linguas, como se pode un partido prostituir por unhos escanos (bueno, iso xa non é de agora, levan anos facendo de puta).
Con estes resultados PPsoE non poden gobernar, así que canto máis presenza do BNG no parlamento, millor para Galicia. o voto util é o Bloque.
Non hai que esquecer que calquera dos dous partidos se teñen maioría han ser igual de nocivos para a Galiza.
Ten razón MORADOIRO que o voto util é o BNG.É o menos malo que pode votar un galego seña o que seña e se é nacionalista con máis motivo.
Iso de que PSOE e PP son iguais é bastante matizable. Chega con mirar como se reprendían as manifestacións con Diz Guedes a como se fan agora. Eso sin contar o panorama español como está. A tí darache igual cal dos dous goberne pero, a mín, non tanto.
E claro que votarei ó BNG, pero, no caso deste BNG, non sei nin o que esperar deles. Poríame triste que axudaran a gobernar á dereita, cousa que non descarto. Para mín, nin os privilexios de axudar ó goberno español, me compensarían a tristura de ver ó bloque da man desta ultradereita rancia, porca e parcanteira.
¿Como é posible que unha grande maioría opine que vai ganar o PSOE e haxa un "empate técnico"? ¿Como é posible que o candidato do PP sexa moi mal valorado (supenso moi baixo) e que haxa un "empate técnico"?
Esta enquisa cheirame a "carnaza" para o PP.