Impútanlles cargos de inxurias, ameazas, desorde pública e atentado.
O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela deixou en liberdade con cargos, despois de tres horas e media de declaración, aos dous estudantes arrestados como presuntos autores de insultos e ameazas á presidente do PP do País Vasco, María San Gil, durante os incidentes ocorridos o pasado martes na Facultade de Económicas de Santiago.
Os cargos que se lles imputan a Iago Barros Miñones, estudante de Dereito, e Serxio Piñeiro, de Económicas, son en total catro: inxurias, ameazas, desorde pública e atentado.