Segundo a sondaxe o BNG mantería os seus dous deputados en Madrid aínda que baixaría en votos.
Despois de que o venres a enquisa do CIS debuxase un escenario de empate técnico entre o PSOE e o PP de cara ás eleccións do 9 de marzo, este domingo dúas novas sondaxes outórganlle aos socialistas unha diferenza meirande. La Vanguardia estima unha vantaxe de catro puntos, e de trece escanos. Así, o PSOE mantería os seus resultados de 2004 e sumaría un deputado máis; mentres, o PP reduciría a distancia, crecendo 1,4 puntos e catro escanos, mais ficando sempre por detrás.
Os restantes partidos, comenzando por CiU, IU, PNV e CC, manterían a súa representación aínda que cunha tendencia á baixa. ERC si sofre un descenso máis pronunciado e podería perder até tres deputados. Pola súa banda, o BNG repetiría os seus dous deputados, aínda que baixaría en porcentaxe de votos.
ABC publica outra enquisa, con datos máis xerais e centrados unicamente nos dous principais partidos. Nesta estimación o PSOE tería tres puntos de marxe, dúas décimas menos que a semana pasada na última sondaxe do xornal madrileño.
Divertidísimo esto de las encuestas...según unas se acortan las distancias entre PP y PSOE, según otras aumentan, unos dan hasta 7 puntos de diferencia y los otros apenas punto y medio. Unos sondeos dicen que sube en votos el BNG y los otros que baja...
Pues bien, ninguno sirve absolutamente de nada porque todos ellos obtienen aproximadamente un 30% de indecisos, lo cual hace que sus resultados sean irrelevantes.
Ganará el PP. Y ZP a la p... calle...Y su perrillo faldero de Allariz, también, faltaría más.
Falamos o día 10 de marzo, pitoniso.
Mentres, ponte en 5ª forma normal e multiplícate por cero; perdon...Zero, con z de AllariZ.
#1 ??!
Dito doutra maneira, o BNG tocou teito no congreso, e o ZP non dá despegado cara á maioría absoluta a pesar de que o PP llo puxo en bandexa. Os que practiquen o voto útil do PSOE téñeno máis claro que nunca. Os do PP simplemente téñeno claro.
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Novo comentario