Espérase que os Estados Unidos e a Unión Europea recoñezan o luns á 'República Democrática de Cosova'.
Ás 15.51, exactamente, naceu un novo Estado. O Parlamento de Kosovo proclamou por unanimidade e de forma unilateral a independencia da xa ex provincia Serbia, cumprindo o protocolo anunciado onte. O primeiro ministro Thaçi, antigo líder guerrilleiro, leu a declaración de independencia ante os deputados e despois foi votada. A continuación deben votarse os símbolos nacionais como a bandeira e o escudo, escollidos entre máis de 1.500 propostas.
Hashim Thaçi anunciou que respectará a proposta do mediador internacional finés Martti Ahtisaari e que inmediatamente comezarán a traballar na aprobación dunha constitución. Así mesmo, Thaçi comprometeuse a se integrar na "familia europea" e solicitou o apoio dos paises da Unión, a quen agradeceu o seu apoio, así como da ONU. Precisamente espérase que este luns tanto os Estados Unidos como a Unión Europea recoñezan ao novo Estado, malia a presión contraria de Rusia, e aos receos de Rumanía, Chipre e España.
Reaccións de Serbia
Mentres nas rúas de Pristina, Prizren ou Djakovica estase a vivir un día de celebración, en Serbia o primeiro ministro Vojislav Kostunica cualificou a separación kosovar como a "proclamación dun Estado falso" que viola o dereito internacional. En Cosova viven ns cen mil serbios, nunha poboación total de dous millós de habitantes. Nos últimos días varias delegacións de Belgrado viaxaron aos núcleos de serbios en Cosova para pedirlles que permanezan nos seus fogares. A cambio, prometéronlles futuros investimentos e novos postos de traballo para "confirmar así unha presenza aínda máis intensa de Serbia na provincia".
Pola súa banda, o primeiro ministro de Cosova dirixiuse aos serbios na propia lingua destes, e cun "que queden tranquilos", Thaçi expresoulles o seu desexo de que fiquen no territorio porque "esta é a súa casa".
Cándo o POBO KOSOVAR SERÁ SOBERANO?
Cándo considera a delegación U$A-€U do "Parlamentiño" de Kosova, que o pobo kosovar é adulto para TOMAR DECISIÓNS QUE LLE INCUMBEN?
Porqué o "parlamento" DECIDE NA VEZ DE O POBO KOSOVAR? Os bandidos e terroristas gobernantes, digna representación do Occidente do que son SATÉLITES goberno e €$tado, NON TEÑEN A SEGURIDADE DE QUE O POBO VOTE "POLO XEITO"?
Por qué establecer, sin a directa participación do pobo kosovar, primeiro a decisión "parlamentar" e logo a elaboración -seguramente á española, esto é, SIN UN PARLAMENTO CONSTITUÍNTE- de unha "constitución"?
Así tal como veñen facendo, e ben TELEDIRIXIDOS, as e os kosovares teñen asegurada unha constitución e un país para sempre prostituídos, base militar e ponta de lanza do Imperialismo contra o nemigo ruso (sempre xigantesco e con potencial histórico).
España non recoñecéu a independenza da Arxentina en 1816 (daquela as Provincias Unidas del Sur).Daquela non lembro cal era o rei da España (Fernando VII?)pero si houbese sido o Zapatero faría o mesmo.O Zapatero e o Raxoi no fondo son o mesmo...uns imperialistas españois que temen do dereito dun pobo (o kosovar)por medo ó que poidera acontecer fronteiras dentro do estado español.Galiza independente !!!
España non recoñecéu a independenza da Arxentina en 1816 (daquela as Provincias Unidas del Sur).Daquela non lembro cal era o rei da España (Fernando VII?)pero si houbese sido o Zapatero faría o mesmo.O Zapatero e o Raxoi no fondo son o mesmo...uns imperialistas españois que temen do dereito dun pobo (o kosovar)por medo ó que poidera acontecer fronteiras dentro do estado español.Galiza independente !!!
NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡
A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:
http://brenlla.blogaliza.org/n....
Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Pampeiro:
nós non somos unha provincia. O modelo de independencia galego non é Kosovo, é Macedonia ou Eslovenia. Si que crea un precedente pero que é unha arma de dous gumes: é posíbel unha independencia unilateral, sen a ONU, pero tamén é posíbel independizar identidades dun nível inferior ao estatal e ao nacional. Por exemplo, de se independizar Galiza, unha independencia da provincia d´A Coruña. (Araba de Euskadi, etc.).